A selección de hóckey a patíns masculina dos Países Baixos é o equipo que representa aos Países Baixos nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina. Ao longo da súa historia o seu maior éxito foi o segundo posto no Campionato do Mundo "A" coseguido en Porto (Portugal) en 1991 logo de caer na final fronte a Portugal por 7 goles a 0 logo de deixar no camiño a dúas das grandes favoritas: nos cuartos de final derrotou a España por 5 a 4 e na semifinal a Arxentina por 4 a 2 na quenda de penaltis logo de empatar o partido a 1 gol ao finalizar o tempo regulamentario. Mais coa excepción de 1991, non conseguiu ningunha medalla nos Mundiais A, sendo o seu mellor resultado nesta competición, á marxe do segundo posto, o cuarto posto de 1948. No Campionato de Europa, a selección neerlandesa atravesou dous período de relativo éxito, o primeiro entre 1961 e 1969, conseguiu tres medallas de bronce (1963, 1967 e 1969) e dous cuartos posto (1961 e 1965), e o segundo período de éxito entre 1979 e 1990, no que conseguiu o seu último bronce europeo (1981) e colleitou outros catro cuartos postos (1979, 1983, 1985 e 1990). No Campionato do Mundo "B" conseguiu cinco segundos postos (1986, 1996, 2000, 2006 e 2008) e un terceiro posto na última edición disputada en Dornbirn (Australia) no 2010.

Equipo Estes foron os xogadores convocados para o Mundial "B" de Dornbirn (Australia) de 2010:

NºNOMEPOSICIÓN Joey Van Den DungenPorteiro Luuk Bischoff Rudy Van Deursen Niels Janssen Kevin Van Der Kloster Robbie Van Dooren Arjan Van Gerven Lowie Boogers Michel Van Geme Harold De WitPorteiro

Adestrador: Freddy Grysaels

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial da Nederland Roller Hockey

Países Baixos