Mariana Expósito Castaño, nada o 26 de febreiro de 1985 en Lugo, é unha actriz galega.
Traxectoria Mariana comezou a interpretar no mundo do teatro con 14 anos. Estudou entre A Coruña e Madrid en diferentes escolas de arte dramática (Juan Carlos Corazza, Adán Black, Casahamlet...) e de canto (Pilar Lirio, María Adamuz). Completou a súa formación con seminarios dirixidos por Lorena García de las Bayonas, Consuelo Trujillo e Fernando Piernas, entre outros. Tamén tomou clases de locución, xornalismo, danza, equitación, surf, loita escénica e está especializada en artes teatrais e audiovisuais.
Cinema / Telefilmes Maratón (2012, como Patricia) A pesar de todo, quérote (2011, como Enma) Vacas, porcos e zapatos de Tacón (2010, como Ruth) Reliquias (2009, como monxa María) El diario de una ninfómana (2008, como Inés) El Concursante (2006, como monxa María) La Atlántida (2005, como moza de Ana)
Series de televisión Serramoura (2014) TVG. Como Luz. Matalobos (2010-2012) TVG. Como Xulia. Escoba! (2011-2012) TVG. Como Xulia Libro de familia (2010) TVG. Como Celia. Padre Casares (2008) TVG. Como Cristina. A vida por diante (2007, como Paula. Os Tonechos (2005 - 2006) TVG. Como lesbiana e como azafata. Maridos e mulleres (2005) TVG. Como Ana.
Teatro Habitación con vistas (2012, microteatro; dirección: Daniel Currás) The One night Show (2009-2011, monólogos; dirección: Adán Black) O arquitecto do mar (2006-2007, Ditirambo-T; Dirección: Cecilia Campos)
Premios 2012. Milagrosista do Ano 2007. Premio especial do xurado no X Festival de teatro de Rivas Vaciamadrid por El arquitecto del mar 2006. Premio Estrella Galicia por A Soga da Soidade
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Mariana
Categoría:Actores de Lugo Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en 1985 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Lugo