Carmen Mejía Ruiz, nada en Valdepeñas o 4 de abril de 1956, é unha filóloga española, estudosa da lingua e literatura galegas.
Traxectoria Doutora en Filoloxía Románica e profesora titular de Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid, onde exerce a docencia sobre literatura románica medieval, lingua e literatura galegas e lingüística románica. Investiga especialmente sobre narrativa hispanoamericana, libros de viaxes, poesía e narrativa peninsular comparada e sobre o exilio nas literaturas peninsulares.
É a directora de Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, publicada en Madrid, e ten participado en varios congresos literarios e conferencias, divulgando a literatura galega.
Obras Ensaio La figura del dictador en la novela moderna y contemporánea (Narrativa hispanoamericana), 1987.
Obras colectivas Estéticas da poesía galega e signos de ruptura. Unha nova ollada ó Grupo de comunicación poética Rompente, 2001, en Madrygal. Revista de Estudios Gallegos. El exilio de Castelao en Norteamérica (Textos y documentos), 2004, tamén en Madrygal. Dos vidas y un exilio. Ramón de Valenzuela y María Victoria Villaverde. Estudio y antología, 2011, Universidade Complutense de Madrid.
Premios Premio Pedrón de Honra en 2016.
Categoría:Escritores de Castela-A Mancha Categoría:Filólogos de España Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Valdepeñas Categoría:Personalidades sen imaxes