Manuel Lamazares Pardo, nado en Rodeiro en 1928 e finado en Fondevila o 11 de xuño de 2025, foi un mestre e político galego que foi alcalde de Rodeiro.

Traxectoria Cursou estudos de Dereito, sendo procurador. Mestre nacional, estivo destinado en Asturias, e en 1965 pasou á escola da Portela (Rodeiro). Foi nomeado xuíz de paz de Rodeiro. Pertenceu á Frente de Juventudes e militou en Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Foi nomeado alcalde de Rodeiro polo gobernador civil a principios de abril de 1966,El Pueblo Gallego, 3-4-1966, p. 10. e continuou no posto ata 1998. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse por UCD, obtendo a maioría absoluta. Obtivo sempre a maioría absoluta nas seguintes eleccións, primeiro baixo as siglas AP-PDP-UL e despois co PPdeG ata 1995, o último ano en que se presentou. Foi deputado provincial en outubro de 1989.La Voz de Galicia, Pontevedra, 1-11-1989, p. 25. En 1998 decidiu abandonar a política. Finou en Rodeiro o 11 de xuño de 2025 con 96 anos.Muere Manuel Lamazares, alcalde de Rodeiro durante 32 años y exdirector del colegio

Vida persoal Casou con Carmen Diéguez Diéguez e foi pai de María Carmen, Manuel e María Luz Lamazares Diéguez.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Eleccións municipais en Rodeiro

Ligazóns externas

Entrevista a Manuel Lamazares Pardo

Categoría:Profesores de Galicia

Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia

Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Rodeiro Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Rodeiro Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alcaldes de Galicia por AP Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Popular