Miguel Anxo Mato Fondo, nado en Ponteceso o 29 de abril de 1953, é un escritor e crítico literario galego.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, da primeira promoción. Posteriormente traballou como profesor de lingua e literatura Galegas en Sarria e na Coruña, cidade na que deu clases no IES Menéndez Pindal e despois no IES Bilingüe Rafael Dieste ata a súa xubilación.
Foi membro do colectivo Alén e participou en De amor e desamor. Na súa obra está sempre presente a paisaxe bergantiñá como marco de carácter místico e intimista. Ten colaborado no dixital Que pasa na costa
É curmán da política e avogada Paula Alvarellos.
Obras Poesía O whiskey na barrica (2004). Espiral Maior. 69 páxs. ISBN 84-95625-93-8. Antoloxía (2009). Fundación Eduardo Pondal. Terra fría (2015). A. C. Caldeirón. ISBN 978-84-606-5828-3.
Ensaio A mazá e a cinza. A poesía galega após 1976 (1991) .Edicións do Cumio. 96 páxs. ISBN 978-84-87126-42-0. A escrita da terra. Configuración do espacio natural na literatura galega (1998). Espiral Maior. ISBN 84-89814-59-7. Señardade da luz (A obra poética de Manuel María) (2011). A. C. Alexandre Bóveda da Coruña. 187 páxs. ISBN 978-84-614-6748-8. Transgresión e fraxilidade. Un retrato literario de Lois Pereiro (2011). Laiovento. 71 páxs. ISBN 84-8487-206-1.
Narrativa Xope de Lilaina (2005). Baía Edicións. 136 páxs. ISBN 978-84-96128-97-2. Adeus, capitán Walton (2018). Ed. Embora. 140 páxs. ISBN 978-84-16456-89-5. Sisley no xuncal da trave (2021). Medulia. 134 páxs. ISBN 978-84-124173-8-8.
Edicións Antoloxía poética, de Manuel María (1993). Espiral Maior. 149n páxs. ISBN 8488137125. A poesía contemporánea a partir de 1975: antoloxía (1997). AS-PG/A Nosa Terra. Edipo, de Manuel María (2003). Universidade da Coruña.
Obras colectivas Alén, 1977, Follas Novas, poesía. Con Xosé Ramón Pena e Francisco Salinas Portugal. De amor e desamor, I e II, 1984 e 1985, Ediciós do Castro, poesía. Literatura galega do século XX, 1988, Vía Láctea. Editor. Literatura galega: textos escollidos, 1991 e 1992, Baía Edicións. Editor, con Carme Fernández-Pérez Sanjulián. A poesía contemporánea a partir de 1975. Antoloxía, 1997, AS-PG/A Nosa Terra. Editor. Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso. Manuel María, 2001, Ophiusa, poesía. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney, poesía. XVIII Festival da Poesia do Condado, 2004, S. C. D. Condado, poesía De amor e desamor, 2009, Deputación da Coruña, poesía. Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María. De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009, Sotelo Blanco. Lois Pereiro en 17 voces, 2011, La Voz de Galicia. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios 3º premio do Concurso Nacional de Poesía O Facho no 1978. I Premio Espiral Maior de Ensaio en 1998, por A escrita da terra. IV Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2004, por O whiskey na barrica.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Miguel Anxo Mato Fondo, vídeo, 2017
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1953 Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Profesores de educación secundaria