Xosé Ricardo Losada Vicente, nado en Rianxo o 3 de xullo de 1961, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de filosofía e valores éticos no IES Félix Muriel de Rianxo. Socio fundador e secretario da Asociación Cultural Barbantia. Colabora en varias revistas culturais como Alameda, Casa da Gramática ou A Trabe de Ouro. Colabora regularmente no suplemento cultural mensual A Voz de Barbantia.

Obras Narrativa O xene da chuvia (2005). Ediciós do Castro. Relatos. Bótame deste mar fóra (2017). Toxosoutos. A casa xunto ao volcán (2019). Galaxia. 204 páxs. II Premio Viadutos de Novela. O rosario e a buguina (2021). Galaxia. 160 páxs. ISBN 978-84-9151-728-3. Recrea os últimos meses de vida do poeta Manuel Antonio e o conflito que ten coa súa nai por motivos relixiosos. Un inferno frío (2024). Noia: Toxosoutos. 126 páxs. ISBN 978-84-128122-9-9.

Ensaio Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, 2015, Xerais. Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego, 2018, Galaxia, ISBN 978-84-9151-162-5

Edición Premio Faustino Rey Romero Isorna (Rianxo): dez anos de poesía, 1998-2007, 2008, Concello de Rianxo. Faustino Rey Romero: obra poética e teolóxica, 2013, Concello de Rianxo.

Obras colectivas Luces da cidade. Voces na guerra. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.

Premios 2005: III Concurso de contos Liceo de Noia.

2019: II Premio Viadutos de Novela pola obra A casa xunto ao volcán. 2020: Premio Torrente Ballester de narrativa por O rosario e a buguina. 2023: XXII Certame literario de aventuras Antón Avilés de Taramancos, promovido polo Concello de Noia polo relato "Un inverno frío".

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Profesores de educación secundaria

Categoría:Nados en Rianxo

Categoría:Nados en 1961