Xosé Carlos López Bernárdez, nado en Vigo en 1958, é un ensaísta literario galego.

Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, é profesor de Lingua e Literatura Galegas. Ademais de estudar Cabanillas, ten no seu haber outros traballos sobre autores como Dieste, Blanco Amor, Manuel Antonio ou Xosé María Álvarez Blázquez. É, ademais, un especialista na arte de autoras e autores como Maruxa Mallo, Colmeiro ou Seoane.

É colaborador de Nós Diario cunha sección de arte no semanario Sermos Galiza. Tamén desenvolveu a crítica de arte no suplemento Faro da cultura do xornal Faro de Vigo.

En 2025 foi elixido académico numerario da sección de expertos nas artes da Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA).

Obras Ensaio De catro a catro de Manuel Antonio (1991). Edicións do Cumio. Breve historia da arte galega (2005). Nigra. Lorenzo Varela: Biografía e antoloxía (2005). Xerais. Lorenzo Varela: Vida e obra (2005). Xerais. Vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez: escolma de textos (2008). Galaxia. Maruja Mallo: a pintura da nova muller (2010). Nigra Trea. Faces do país. O retrato en Galicia 1890-1950 (2011). Fundación Novacaixagalicia, Vigo. Manuel Colmeiro (2011). Galería Montenegro, Vigo. Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2012). Nigra. Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (2016). Laiovento. Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta (2020). Laiovento. 145 páxs. ISBN 978-84-8487-464-5. Unha historia da arte galega (2023). Santiago: Laiovento. 308 páxs. ISBN 978-84-8487-617-5. Novo diálogo. Achegas á obra plástica de Castelao (2025). Santiago: Laiovento. 74 páxs. ISBN 978-84-8487-725-7. Intelixencia e creación. A obra plástica de Francisco Miguel (2025). Santiago: Laiovento. 104 páxs. ISBN 978-84-8487-756-1.

Edicións Poesía galega, de Lorenzo Varela (1990). Xerais. A emoción da terra. Poesía de Vicente Risco (1994). Espiral Maior. A pega rabilonga. Os ruíns de Xosé María Álvarez Blázquez (2008). Galaxia. Samos, de Ramón Cabanillas (2009). Xerais.

Traducións Obxectivo: Estadio olímpico, de Eduard José (1993). Edicións do Cumio. Xente deste mundo e do outro, de Pablo Antón Marín Estrada (1996). Edicións do Cumio. Calliope, Glimpses of a poetic tongue, 1997, ao inglés. Calliope, Petites langues de poésie, 1997, ao francés.

Obras colectivas Fírgoas, de Manuel Luís Acuña (1992). Xerais. Con Ramón Nicolás. Eduardo Blanco-Amor, Sempre en Auria (1993). Xerais. Cincuenta anos de poesía galega (1994). Penta. Con Xosé María Álvarez Cáccamo. Rafael Dieste. Heterodoxia e paixón creadora (1995). Xerais. Obra dramática de Ramón Cabanillas (1996). Xerais. Con Manuel F. Vieites. Literatura, século XX (2001). A Nosa Terra. O romanceiro en lingua galega (2002). Xerais, en colaboración con Xosé Ramón Mariño Ferro. Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega. Bestiario en pedra: animais fabulosos na arte medieval galega (2004). Nigra. Con Xosé Ramón Mariño Ferro. Diáspora. Dez artistas galegos no exilio latinoamericano (2005). Fundación Luis Seoane e o MARCO Museo de Arte Contemporánea de Vigo en colaboración co CGAI Centro Galego das Artes da Imaxe. Con Miguel Anxo Fernández. Lorenzo Varela, fotobiografía (2005). Xerais. Romancero popular gallego, de Alfonso Hervella Courel (2011). Nigra. Coeditor, con Xosé Ramón Mariño Ferro.

Premios

2024: XX Premio Ramón Cabanillas pola súa edición do poemario Samos (Xerais, 2010) e Obra dramática de Ramón Cabanillas (Xerais, 2001), que realizou xunto a Manuel F. Vieites.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Atalaia Consello da Cultura Galega. 20px Pintores de Galicia (2013). TVG. Interveñen Díaz Pardo, Marisa Sobrino, Xosé Antón Castro, Carlos Bernárdez e Fernando Vilanova.

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1958 Categoría:Historiadores da arte de Galicia Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes