Xosé Manuel López Gómez, "Ardeiro", nado na Chancela (Logrosa, Negreira) o 15 de xuño de 1944 e finado en Ferrol o 21 de decembro de 2007, foi un poeta galego en lingua galega.
Traxectoria Traballou no Rexistro de Propiedade de Negreira. Foi membro fundador da sociedade cultural Afonso Eanes desta vila, e membro fundador da ONG Alén Mar, tendo participado en diversas actividades sociais e culturais (Ateneo Ferrolán, Dorna ou FerrolAnálisis).
Obras Poesía Na néboa dunha espranza, 1981. Editorial Limbo. En bela sombra e amaranto, 1985, Algalia. Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo. O matiz esmeralda da sombra, 1988, Ediciós do Castro (Coleccións de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón). Sombras e outras presencias, 1992. Nº 73 da Biblioteca 114, El Correo Gallego. Un xardín no tempo, 2001, 3C3. Versos de ausencia e desagravio, 2005, Espiral Maior. Un tempo de amor e de voces na diáspora, 2010, Espiral Maior. Con edición e notas de Xosé A. Ponte Far. Na néboa dunha esperanza (2025). Medulia, 200 páxs. Antoloxía da obra poética
Obras colectivas Coroa poética para Castelao, edición de Xesús Alonso Montero. Negreira na guerra do 36. Arredor do Centenario de Rosalía. O centenario de Castelao na lembranza, 1986. Feiraco e o Val de Barcala-Un camiño de progreso. Vinte anos trobando coa cultura. Afonso Eanes, 1976-1996. Valle-Inclán, o que non fenece.
Premios Premio de poesía Cidade de Ourense no 1981, por Na néboa dunha espranza. Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo no 1985, por En bela sombra e amaranto. I Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1988, por O matiz esmeralda da sombra.
Véxase tamén Bibliografía
Álvarez, Noemí; Rei, María; Sambade, Suso (2008). As douradas sílabas de X. M. López Ardeiro, Editorial Toxosoutos.
Ligazóns externas Xosé Manuel López Gómez, "Ardeiro". no Consello da Cultura Galega.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón