Manau é un grupo de hip hop formado en 1998, coñecido polas súas fusións de melodías celtas co moderno hip hop. Inicialmente estaba composto por Martial Tricoche, Cédric Soubiron e R.V. (Hervé) Lardic, e aínda que a banda é de París, todos os seus membros teñen raíces na Bretaña. O nome do grupo é unha antiga verba gaélica para a Illa de Man.

Historia Os comezos En 1988, Martial e Cédric empezaron facendo un programa de radio nunha estación local, con Martial rapeando e Cédric como DJ. O programa durou dous anos e adquiriron algunha sona. Logo, Cédric iría traballar na radio de Skyrock.

Anos despois, Cédric coñeceu a R.V., que fora a radio para facer unha actuación en directo co seu grupo MeanWhile. R.V. acabara de rematar setes anos de estudos no Conservatorio de Paría, e sabía tocar a guitarra, o baixo, o acordeón e os teclados. Cédric e R.V. entendéronse ben e pronto empezaron a falar de facer un grupo.

Mentres tanto, Martial estaba desenvolvendo unha carreira como compositor musical. Un dos amigos do seu irmán daríalle a coñecer a cultura céltica, que lle interesou moito, descubrindo o folk da Bretaña con Dan Ar Braz, Yann-Fanch Kemener ou o grupo Tri Yann. As primeiras cancións de Martial tamén estaban influenciadas pola novela L'épopée Celte de Jean Markale, unha historia da cultura céltica antiga, con druídas e grandes guerreiros.

Formación Pouco despois de que Cédric e R.V. se coñeceran, trataron con Martial de formar o grupo Manau. Dispuxéronse a facer unha fusión de ritmos celtas con rap. Unha das súa demos chegou a mans dun directivo de Polydor, e impresionados pola súa orixinalidade, logo lle ofreceron un contrato de gravación.

A banda púxose a traballar no seu single, "La Tribu de Dana", que saíu á luz en maio de 1998. O tema petouno nas listas, vendendo unhas 1 700 000 copias ata a data, millón e medio nos primeiro meses. "La tribu de Dana" fai referencia á mitoloxía irlandesa, tamén descrito no L'épopée Celte. Para máis información vexa: Tuatha Dé Danann.

Aínda que a canción foi moi popular, o certo é que a música do retrouso está sacada dun tema de Alan Stivell, "Tri Martolod". Stivell pronto os demandaría, mais Manau sustentou que a melodía era só empregada base, modificada o suficiente como para consideralo plaxio.

Éxito Os directivos de mercadotecnia de Polydor, despois do éxito do single, pedíronlle á banda que fixeran un álbum debut. Aínda que tiñan unha data de entrega moi estrita, Manau fixo o traballo. Para a obra, conseguiron a colaboración de Loïc Taillebrest, un músico folk coñecido por tocar a gaita e a bombarda.

Remataron o seu álbum debut, Panique celtique, logo dunhas poucas semanas de traballo no estudio. O álbum publicouse en xullo de 1998 e, como se esperaba, estivo no alto das listas de vendas de álbums francesas, vendendo medio millón de copias pouco despois da súa saída, e chegando a marca do millón un ano despois.

Neste tempo, a súa popularidade incrementouse moito. Axiña foron invitados para participar en diversos festivais, como o famoso Les Francofolies de La Rochelle, ou o festival de música anual de Marsella. Tamén puideron tocar con Tri Yann no festival de Saint-Renan, na Bretaña.

Cambios O grupo empezou unha xira por Francia en 1999 e, no medio dela, recibiron o galardón ao mellor álbum do ano de música rap/groove de Victoires de la Musique (premios de música franceses anuais) en febreiro. Pouco despois, Hervé decidiu decidiu deixar o grupo e volver coa súa antiga formación MeanWhile.

O trío converteríase nun dúo, pero iso non diminuíu o seu número de seguidores.

Últimos álbums Manau volve a escena musical francesa no outono do 2000, cun segundo álbum titulado Fest Noz de Paname. Manau pasara un ano no estudio perfeccionando o seu son, e despois de oito meses de xira practicamente ininterrompida, pois soaban distinto, índose da fusión rap celta da súa orixe, experimentando con novos xéneros e traballando con diferentes artistas. O seu segundo traballo inclúe colaboracións de Maurane e Dee Dee Bridgewater. A ida de RV notouse no álbum. O estilo era máis blues/jazz e menos celta. No último álbum On peut tous rever, xa fan un estilo máis comercial de rap/hiphop.

Membros Orixinais Martial Tricoche : voz, textos Cédric Soubiron : composición, programación e voz RV Lardic : compositor e voz

Membros regulares Didier Ithursarry : acordeón Loïc Taillebrest: gaita, bombarda Laurent Meliz : arranxos, produtor, compositor

Membros antigos (ou ocasionais) RV Lardic : baixo, acordeón, teclados Cédric Soubiron : composición e programación Bruno le Rouzic : gaita, frauta Grégor Gandon : violín Eric Treissard : guitarra

Discografía Singles "La Tribu de Dana" (1998) "Mais qui est la belette?" (1998) Álbums Panique celtique (1998) Fest Noz de Paname (2000) On Peut Tous Rêver (2005)

Véxase tamén Outros grupos similares Ashley MacIsaac Black 47 Beltaine's Fire Emcee Lynx House of Pain Marxman Seanchai & the Unity Squad Zoey Benjamin Joseph Harris

Ligazóns externas Biografía de Manau Discografía de Manau en MusicBrainz

Categoría:Grupos musicais de Francia Categoría:Grupos musicais de hip hop