María García Liñeira, nada en Santiago de Compostela en 1979, é unha teórica da literatura e profesora galega.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, obtivo o Diploma de Estudos Avanzados cun traballo sobre o escritor Álvaro Cunqueiro. En 2015 doutorouse na Universidade de Oxford coa tese Literary Citizenship and The Politics of Language (1939-1965). Foi profesora-bolseira de Lingua e Cultura Galegas na Universidade de Oxford baixo a dirección de John Rutherford.

Colabora habitualmente nas páxinas de literatura do portal dixital Culturagalega.gal (Consello da Cultura Galega), Grial (Editorial Galaxia) e ProTexta.

Na actualidade é profesora de ensino secundario en Foz.

Obra en galego Obras colectivas Diccionario de Literatura Galega. Tomo IV, 2004, Galaxia. John Rutherford: Mar por medio, 2007, Fundación Otero Pedrayo. Coeditora xunto a Dolores Vilavedra. From the Beginning of the Sea: Anthology of Contemporary Galician Short Stories, 2008, Foreign Demand (Brighton).

Obra en castelán Edicións El laberinto habitado: los artículos de Álvaro Cunqueiro en "Destino" (1961-1976), 2007, Nigra.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford