Xosé María Lema Suárez, nado en Bamiro (Vimianzo) o 30 de setembro de 1950, é un escritor, historiador e etnógrafo galego.

Traxectoria Catedrático de Xeografía e Historia de ensino secundario desde 1992, exerce de profesor no IES Antón Losada Diéguez, da Estrada. Membro correspondente da Real Academia Galega (2002) e numerario (patrón) do Museo do Pobo Galego (2005), é o primeiro presidente do Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte (SECCOM). É un dos membros fundadores da asociación en favor da lingua galega ProLingua.

Obras Ensaio Bamiro. Un estudio do hábitat rural galego, 1977, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Arte Relixiosa no Arciprestado de Soneira (desde o 1500), 1992. A arte relixiosa na Terra de Soneira, 1993, Fundación Universitaria de Cultura. Os mellores pazos da Costa da Morte, 2001, Asociación Neria. Onomástica histórica dunha parroquia galega: Berdoias (1607-2000). I, Os nomes masculinos, 2006, Asociación Galega de Onomástica.Dispoñible aquí xunto co seu anexo Batáns e muíños do Mosquetín (Vimianzo): guía breve, 2007, Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio da Costa da Morte. Pola nosa lingua. Unha década de artigos en defensa do galego (2009-2019) (2021). Autoedición. ISBN 9788409304257. Ilustracións de Heitor Picallo.

Narrativa Costa do Solpor, 2013, Xerais.

Tradución O pirata Kernok, de Eugène Sue, 1988, Edicións do Cumio.

Edicións Un novo documento de D. Juan Antonio Posse: a 'Plática Tercera' (1838), 1998, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.

Obras colectivas Vocabulario Galego-Castelán, 1984. Dicionario Xerais da Lingua, 1985, Xerais. Edigal-Galego. Método audiovisual para a aprendizaxe da lingua galega, 1985. O enigma da herdanza Hertz, de Pierre Gripari, 1989, Edicións do Cumio. Tradución con Carme Ruibal. Historia do C. D. Baio e da Liga da Costa, 1989, Concello de Zas. Con Alfonso Villar López. Pequeno dicionario Xerais da Lingua, 1989, Xerais. Dicionario Castelán-Galego de usos, frases e sinónimos, 1990, Xerais. A chamada do muecín, de Helen Keiser. 1991, S. M. Tradución con Carme Ruibal.

O teu nome, 1994. Contos, de Enrique Labarta Pose, 1996, Galaxia. Coeditor con Xosé Manuel Varela. O castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamira, 1998, Deputación da Coruña. Con Roberto Mouzo Lavandeira. Arquitectura megalítica da Costa da Morte [antas e mámoas], 1999, Asociación Neira. Con Manuel Suárez Suárez. Os faros da Costa da Morte, 2001, Asociación Neria. Con Manuel Vilar Álvarez. Nas orixes da nosa identidade. II Simposio de Historia da Costa da Morte, (Carnota, 16, 17 e 18 de xuño de 2000), 2001, Asociación Neria. Con Manuel Suárez Suárez e Manuel Vilar Álvarez. A Feira de Baio: o mercado máis antigo da Terra de Soneira, 2007, Amigos de Monte Torán. Con Xosé María Rei Lema. Actas da I xornada histórica sobre a figura de Juan Antonio Posse, o crego liberal, con motivo do 240 aniversario do seu nacemento: (Laxe, 21 de abril de 2007), 2008, Toxosoutos. Gran dicionario Xerais da Lingua, 2009, Xerais. 55 mentiras sobre a lingua galega, 2009, Laiovento. O hórreo atlántico ou fisterrán: cabazos e cabaceiras da Costa da Morte e Barbanza, 2010, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Con Carlos Fernández Concheiro. A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, 2010, Xerais. O hórreo atlántico ou fisterrán. Cabazos e cabaceiras da Costa da Morte e Barbanza (Galicia), 2011, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Con Carlos F. Concheiro. Iconografía xacobea nas igrexas e santuarios da Costa da Morte, 2011, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Con Eva López Añón. Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte, 2012, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Con José María Laredo Cordonié. 50 anos da Historia do Fútbol da Costa (1964-2014), 2015, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Con Xosé María Rei Lema.

Premios Premios Pedrón de Ouro de Etnografía en 1976. Antón Losada Diéguez de Investigación en 1994. Premio xornalístico Manuel Raimóndez Portela (2010) no Concello da Estrada Finalista dos Premios Xerais no 2011, por Costa do Solpor. Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria no 2014, por Costa do Solpor.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Nados en 1950 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Lingüistas da lingua galega