Non confundir con José Leyra Domínguez.

Xosé Leira López, nado en Valdoviño en 1951 e finado en Ferrol o 22 de outubro de 2019, foi un sociólogo e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Foi profesor titular de Socioloxía da Universidade da Coruña, coordinador de Mestrado en Xestión e Patrimonio Cultural e director, desde 1995, do proxecto cultural e de investigación Aulas no Camiño.

Os seus traballos de investigación sociolóxica están recollidos en máis de cincuenta publicacións: monografías, capítulos de libros e revistas científicas. Como escritor de literatura foi membro fundador na década dos 70 do Grupo de Comunicación Poética Rompente. Ten tamén artigos publicados en prensa e pronunciou conferencias en diversas universidades europeas.

Obras Poesía Canto custa instalarse no amor, 1996, Espiral Maior.

Obras colectivas Poesía na noite, 1998, Concello de Caldas de Reis. O patrimonio e a cultura proxectual, un diálogo necesario, 2000, Deputación de Lugo. Con Rosa Méndez Fonte. A cidade como pretexto. Estratexias patrimoniais, 2002, Deputación de Lugo. Con Rosa Méndez Fonte. Alma de beiramar, 2002, Asociación de Escritores en Lingua Galega. As mulleres de Narón, 2004, Concello de Narón. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Valdoviño Categoría:Nados en 1951

Categoría:Finados en 2019