Daniel Anido, nado en Lugo en 1960, é un xornalista galego.
Traxectoria É fillo de pais galegos, pero criouse no País Vasco. Iniciouse profesionalmente na redacción de informativos de Radio Bilbao, pertencente á cadena SER. Despois foi nomeado subdirector e director de informativos da emisora en Madrid. En febreiro de 2011 foi nomeado director de contidos falados de Prisa Radio.
Sendo director dos Servizos Informativos da SER, o seu equipo obtivo dous Premios Ondas, polo seguimento da crise do Prestige e pola cobertura informativa do atentado do 11-M.
En 2010 recibiu o premio José Couso á liberdade de expresión"Daniel Anido e Rodolfo Irago recolleron en Ferrol o Premio José Couso" , artigo en Xornal de Galicia, 14 de maio de 2010., o Premio de periodismo da Unió de periodistes de València, e o primeiro premio IX Decreto, da Asociación da Prensa de Cádiz, pola súa contribución ao exercicio do periodismo e a súa defensa da liberdade de expresión.
En decembro de 2009 foi condenado xunto a Rodolfo Irago por difundir unha lista das afiliacións irregulares do PP que tamén foi publicada en Internet. Porén, tras recorrir á audiencia provincial de Madrid, foi absolto en xuño de 2010"Daniel Anido deja la dirección de la Cadena Ser", artigo en Público, 21 de febreiro de 2011 ..
Notas
Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes