miniatura|Vúmetro analóxico con indicador LED de saturación. miniatura|Vúmetro electrónico. miniatura|A resposta dun vúmetro (liña negra) comparándoa co nivel instantáneo de entrada (área gris). O nivel indícase en dB e o tempo en segundos.

Un vúmetro ou VU-meter (Volume Unit Meter) amosa o nivel de volume en unidades VU, que se inclúe nos equipos de son, como a mesa de mesturas, para indicarnos o volume do son. Foi desenvolto orixinalmente en 1939 polo esforzo combinado de Bell Labs e os organismos de radiodifusión CBS e NBC para a medición e a normalización dos niveis de liñas telefónicas.

Consta dun instrumento de bobina móbil dun tipo determinado, alimentado por medio dun rectificador de onda completa que se alimenta á súa vez da liña mediante unha resistencia en serie. Non necesita máis fonte de enerxía para o seu funcionamento que o sinal de entrada.

É intencionalmente "lento" na medición (tempo de integración estándar 300 ms), promediando máximos e mínimos de curta duración para mostrar o volume percibido. A súa escala vai desde -20 VU até +3 VU, sendo 0 VU o correspondente a 1'23 V, para o nivel nominal (nivel medio que o fabricante emprega como referencia) de +4 dBu (en Europa).

Ademais, algúns vúmetros electrónicos tamén reflicten os picos ou máximos. Como regra xeral, os niveis de gravación deben ser tales que non superen a área vermella superior a 0 VU, ou só en contadas ocasións. Se o volume de gravación é demasiado alto, a calidade do son e a resposta en frecuencia é xeralmente máis pobre e os efectos de saturación recorte poden ser especialmente problemáticos para un sistema de gravación dixital. Tamén, se o nivel é demasiado baixo, os niveis de ruído serán altos en relación ao son principal.

Unidade VU A unidade de volume (VU) defínese como: "O indicador de volume marca 0 VU cando se conecta á saída unha resistencia de 600 ohms, para un sinal sinusoidal de 1000 Hz."

Véxase tamén Outros artigos Mesa de mesturas Decibel

Ligazóns externas Rane Pro Audio Reference definition for VU meter Q&A on the Standard Volume Indicator by John McNight A New Standard Volume Indicator and Reference Level by Chinn, Gannett & Morris The Bewildering Wilderness - "Navigating the complicated and frustrating world of audio standards" Audio Level Meters VU meter vídeo

Categoría:Son Categoría:Instrumentos de medida