A trixésimo oitava edición da Copa de Europa de hóckey a patíns masculina comezou o 2 de novembro do 2002 cos partidos de ida da fase previa e rematou o 11 de maio do 2003 coa disputa da final a catro na cidade da Coruña (Galiza). O campión desta edición foi o equipo galego do H.C. Liceo, que conseguiu alzar a súa cuarta Copa de Europa logo de derrotar na final ao Igualada HC por 4 goles a 3 logo da quenda de penaltis.

Sistema de competición Esta edición da máxima competición continental constou de catro fases: unha fase previa, unha primeira rolda, unha fase de grupos e unha final a catro (Final Four).

Nas dúas primeiras fases, os equipos participantes se enfrontaron en partido a dobre volta. Na fase previa participaron catro equipos, clasificándose dous deles para a primeira rolda, na que tomaron parte oito equipos que se enfrontaron en partido a dobre volta.

Durante a fase de grupos, cada equipo se enfrontou a dobre volta (ida e volta) contra os outros tres integrantes do seu grupo. Cada vitoria sumou 2 puntos, o empate repartiu un punto a cada un dos equipos, e a derrota non sumaba ningún punto. Os dous mellores equipos de cada un dos dous grupos ao final das seis xornadas desta fase clasificáronse para a Final Four.

A Final Four disputouse na cidade da Coruña (Galiza) os días 10 e 11 de maio do 2003 co formato de partidos a eliminación directa, proclamándose campión o equipo que gañou os dous partidos da fase final.

Resultados Fase previa Equipo 1 Equipo 2 Ida Volta RHC Dornbirn RSC Cronenberg 1-5 2-25 Nantes ARH RC Uttigen 3-2 2-7

Primeira rolda Equipo 1 Equipo 2 Ida Volta Igualada HC SCRA Saint Omer 10-1 7-3 SC Thunerstern FC Porto 3-6 1-8 SL Benfica RHC Genève 10-1 3-1 H Novara RSC Cronenberg 5-2 5-4 Quévert RC Uttigen 2-4 4-3 Blanes HC H.C. Liceo 2-3 2-2 Bassano FC Barcelona || 0-8 || 2-11 |- | OC Barcelos || Prato''' 4-3 4-6

Fase de grupos Grupo A Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG FC Barcelona116510317+14 Primavera Prato964113219+9 SL Benfica462041523+3 Hockey Novara 06006736-26

BARBENNOVPRA FC Barcelona 6-1 6-2 9-1 SL Benfica 1-4 2-1 6-7 Hockey Novara 1-5 1-4 1-6 Primavera Prato 1-1 4-1 13-1

Grupo B Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG Igualada HC964112810+14 H.C. Liceo864022415+9 FC Porto763122622+3 RC Uttigen 060061041-26

IGULICPORUTT Igualada HC 3-1 7-2 12-0 H.C. Liceo 4-0 3-4 7-1 FC Porto 2-2 10-2 RC Uttigen 1-4 3-4 3-4

Final Four

Campión30px H.C. Liceo

Notas

rink-hockey.net

Categoría:Edicións da Copa de Europa de hóckey a patíns Categoría:Hóckey a patíns en 2003