Cipriano Luís Jiménez Casas, nado en Pontevedra o 5 de febreiro de 1941, é un psiquiatra e escritor galego.
Traxectoria Licenciado con grao en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1966, foi especialista en Psiquiatría polas Universidades de Madrid, Lausana e Xenebra, e médico-psiquiatra en diversos hospitais.
Colaborou con múltiples artigos e traballos científicos en revistas e prensa galega e internacional, así como en diferentes congresos, centrándose especialmente en autismo e psiquiatría.
Obras en galego Ensaio Control de natalidade. Métodos contraceptivos, 1977, Edicións do Rueiro. As voces de mármore. Autismo e psicoses infantís en Galicia, 1987, Xerais. Recursos e prioridades no campo das minusvalías psíquicas na comarca da Estrada, 1993, Deputación de Pontevedra. Da melancolía, 2006.
Narrativa Seixido e outras paranzas, 2009, Editorial Danú.
Obras colectivas O vínculo mai-filho e a saúde mental, 1982, Galiza Editora. A atención global ó deficiente, 1983, en colaboración. José Martí en Galicia, 1993, Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil". Editor. Muller e cultura (Simposio Internacional), 1993, Universidade de Santiago de Compostela. Recursos e prioridades no campo das minusvalías psíquicas na comarca de A Estrada, 1993, Deputación de Pontevedra. Con Amalia Gómez García e Francisco Casal Porto. Lecer sen barreiras (2). Guía de Turismo Adaptado para Persoas con Discapacidade, 2005. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
Obras en castelán Ensaio Diálogos sobre clínica de la infancia, 1984, Paradiso (Barcelona). La esperanza no es un sueño, 1998, Escuela libre Editorial, Madrid. Guia de empleo con apoyo para personas con autismo, 2004. Ocio sin barreras / Lazer sem barreiras, 2004, en castelán e en portugués.
Obras colectivas El autismo 50 años después de Kanner. Actas VII Congreso, 1993, Salamanca. Tratamiento educativo de los trastornos de la lengua oral y escrita, 2001. Autismo y calidad de vida (Trastorno del espectro autista, necesidades y recursos)'', 2003.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1941 Categoría:Médicos de Pontevedra