Brais González Pérez, nado en Salceda de Caselas o 13 de xullo de 1988, é un escritor e político galego.
Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. É membro de agrupacións como as Redes Escarlata, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil. Foi ademais o secretario de organización de Adiante até o ano 2011. Actualmente é avogado sendo así o responsable da asesoría xurídica do sindicato CUT.
Obras Poesía Sangue sobre silenzo, 2004, edición de autor.
Obras colectivas XVIII Festival da Poesia do Condado, 2004, S. C. D. Condado. Isto é un poema e hai xente detrás, 2007, Espiral Maior. Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega. VI Certame literario do Concello de Ames, 2009, Concello de Ames.
Premios Premio Ourense para a Mocidade. Premio Ánxel Casal. Terceiro premio GZ Crea de Poesía no 2006, por Heraldos das escuras horas. Premio Xuventude Crea de Poesía en 2014.
Véxase tamén
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Salceda de Caselas Categoría:Nados en 1988 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela