Rupert Alexander Lloyd Grint, nado en Essex, Inglaterra, o 24 de agosto de 1988, é un actor coñecido por interpretar a Ron Weasley nas películas de Harry Potter.

Traxectoria Rupert Grint naceu o 24 de agosto de 1988, en Essex, Inglaterra, Reino Unido. Declarouse afeccionado á serie de libros de Harry Potter, e para a súa audición enviou un vídeo feito por el mesmo, no cal cantou un rap coas razóns polas que debía ser elixido para o papel. Despois de rematar o primeiro filme da saga, Harry Potter e a pedra filosofal, apareceu noutro filme británico, Thunderpants (2002).

Posteriormente, retomou a personaxe de Ron Weasley no resto dos filmes da saga.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas2001Harry Potter e a pedra filosofalRon Weasley2002ThunderpantsAlan A. Allen 2002Harry Potter e a Cámara dos SegredosRon Weasley2004Harry Potter e o preso de AzkabanRon Weasley2005Happy birthday, Peter PanPeter PanVoz2005Harry Potter e o Cáliz de fogoRon Weasley2006Driving LessonsBen Marshall2007Harry Potter e a Orde do FénixRon Weasley2009CherrybombMalachy2009Harry Potter e o misterio do príncipeRon Weasley2009Wild TargetAntoine2010Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)Ron Weasley2011Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte)Ron Weasley2012ComradeSoldado Robin “Smithy” Southey Smith2013The Necessary Death of Charlie CountrymanKarl2013CBGBCheetah Chrome2013MetegolAmadeoVoz2014Postman Pat: The Movie - You Know You're the OneJoshVoz2015MoonwalkersJonny2015Enemy of ManRosse

Galardóns e nomeamentos Gañador do Young Artist Award.

Véxase tamén Outros artigos Harry Potter

Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Actores infantís de Inglaterra Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Essex