Henrique IV, nado en 1050 e finado en 1106, foi o terceiro emperador da dinastía Salia do Sacro Imperio Romano Xermánico. Fillo de Henrique III e de Agnes de Poitou.

Traxectoria Trala morte de Henrique III o 5 de outubro de 1056 Henrique IV só tiña 6 anos. Tanto a súa protección como a do Imperio foi confiada ó papa Vítor II, quen, grazas á súa habilidade diplomática, logrou asegurar a sucesión e permitiu a rexencia da nai do rei; incluso outorgándolle a esta o dereito de escoller sucesor en caso de morte do seu fillo.

Trala morte de Vítor II, tanto a sé pontificia como a nobreza do Imperio se aproveitaron da debilidade dun rei menor de idade. Escolléronse papas, sen sequera comunicarllo ó imperio e Nicolao II aproveitou para cambiar o sistema de elección papal quedándolle ó emperador o chamado dereito de asentimento, aínda que non está claro se o asentimento era antes ou despois da elección cardinalicia. Nicolao II tamén conseguiu un xuramento de fidelidade por parte dos Normandos asentados no sur da Península Itálica; pasando estes a ser vasalos do pontífice. Outorgando o papa dereitos sobre terras que antes da conquista normanda pertencían ó imperio.

Toda esta política independente do papa viuse con resentimento dende as terras imperiais e un sínodo cortesán declarou nulas as súas decisións, sendo ignorado polo imperio ata a súa morte. Pouco despois dáse o golpe de estado de Kaiserwerth comandado pola nobreza e que afasta ó rei da súa nai, deixando esta de ser rexente. O arcebispo de Colonia Annón pasou a ser o rexente.

Trala morte do papa se produciu un conflito sucesorio, habendo dous papas á vez, Annón influíu sobre o rei para escoller ó partidario das reformas que se estaban a producir na Igrexa, Alexandre II.

Querela das investiduras No 1070 Widón de Milán, canso do seu cargo de bispo de Milán, envíalle o anel e o báculo ó emperador e este decide investir como bispo ó clérigo nobre Godofredo. Pero trala morte de Widón en 1072, o papa nomea bispo a Atón, producíndose así un cisma, que, trala morte de Alexandro II en 1073, continuaría co papa Gregorio VII.

Véxase tamén Bibliografía HUBERT,J. (1970). Manual de Historia de la Iglesia, vol. 3. Barcelona: Herber. TORRES DELGADO, C. e POCIÑO PÉREZ, A. (1983). Vida del emperador Enrique IV de Alemania. Universidad de Granada. GARCÍA CORTÁZAR, J.A. e RUIZ DE AGUIRRE e SESMA MUÑOZ, J. A. (1997). Historia de la Edad Media, una síntetis interpretativa. Madrid: Alianza Editorial. LADERO QUESADA, M. A. (1987). Historia Universal, Edad Media. Barcelona: Vicens Universidad.

Categoría:Emperador do Sacro Imperio Romano Categoría:Nados en 1050 Categoría:Finados en 1106