Ruatapu é na tradición oral de Aitutaki (Illas Cook), un dos antecesores fundadores da illa, e que deu orixe aos catro arikis locais: Vairuarangi Ariki, Tamatoa Ariki, Teurukura Ariki e Manarangi Ariki.

A súa migración veu precedida pola de Ru e a de Te Erui, existen varias versións da súa historia, ás veces contraditorias entre si pero que comparten unha serie de elementos comúns e unha coherencia global.

Traxectoria Ruatapu era orixinario de Taputapuatea, fillo de Uanuku ou Uenuku e de Raka Iora ou Rakei Ora. Decidido a descubrir novas illas construíu unha piragua á que lle deu o nome de "Te kare roa i tai" e botouse ao mar, logo de nove días chegou a Rarotonga, alí o recibiu o ta'unga de Tangi'ia Potiki Taua, instalándose en Avana, tapere da tribo de Takitumu, casando con Uanuku Kaiatia coa que tivo un fillo de nome Tamaiva e vivindo en Matavera. Un día Ruatapu decidiu marchar na procura de novas terras, deixando á súa dona e fillo, chegou ata Tonga Tapu que tiña por xefe a Kaukura, alí casou de novo cunha certa Tapotu ki Tonga coa que tivo un fillo que recibiu o nome de Moenau, cando chegou á idade adulta enviouno a Rarotonga para que vivise co seu medio irmán Tamaiva, pero este négase a acollelo e Moenau instalouse no norte da illa, en Mauke. Ruatapu desexando ter novas de seus fillos volve a Rarotonga, alí sabe da morte de Moenau e para vingarse extermina os seus asasinos. Ruatapu parte deseguido cara a Atiu, e indo máis ao oeste descobre o atol de Manuae onde pasa catro días, chegando finalmente a Aitutaki, instalándose en Vaitupa ao noroeste da illa. Alí casou con Tutunoa coa que tivo tres fillos e unha filla: Kirikava (m), Te Urutupui (m), Tongirau (f) e Touketa (m).

Bibliografía Timi Koro , "The story of the canoe Te Kare-roa-i-tai, which was sailed by Ruatapu Ariki" in JPS, 1934 Collectif, "Te Korero o Aitutaki na te Tumu Korero", Ministry of Cultural Development, 1992. Maui Pomare, "The Explorations of Ruatapu", in "Legends of the Maori (Volume 2)", Papakura, New Zealand. Howard Henry, "The Book of Tetaura-Raru, The Henry Family of the Cook Islands : Our Genealogy of 1000 years", Sovereign Pacific Publishing Company, Auckland, New Zealand.

Categoría:Mitoloxía das Illas Cook Categoría:Mitoloxía maorí