Luís González Blasco ou Luís Gonçales Blasco, tamén coñecido como Foz, nado en Foz o 18 de agosto de 1941 e finado en Ames o 18 de agosto de 2026, foi un profesor e político galego.

Traxectoria Formou parte do Consello da Mocedade (1962-1963) do que foi expulsado xunto cun grupo de mozos acusados de comunistas, que fundan ao ano seguinte a Unión do Pobo Galego (UPG). A estadía en Madrid e o contacto co grupo Brais Pinto déronlle á súa personalidade os trazos nacionalistas e marxistas. En 1968 tivo que exiliarse en Francia onde se licenciou e Lingüística Xeral na Universidade de París VIII. Ata 1974 foi o promotor principal da organización de núcleos da UPG en Francia, Holanda, Reino Unido, Italia, Suíza e Alemaña e participou na redacción da Carta de Brest. Viaxou a Portugal en 1975 para conectar coas forzas revolucionarias, os refuxiados galegos e a súa familia. Abandonou a UPG en 1978 integrándose no Partido Galego do Proletariado; despois militou noutras organizacións independentistas como Galiza Ceive, a primeira Frente Popular Galega (1987) e a Assembleia do Povo Unido. Despois integrouse en Cerna.

A comezos dos anos oitenta, adoptou o reintegracionismo lingüístico. É membro da AGAL e académico da AGLP.

Traballou como copropietario en Livraria Páxina, como Auxiliar administrativo en Éditions Ruedo iberico. Tamén como profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario ata a súa xubilación no IES Arcebispo Xelmírez de Santiago.

Publicou en revistas e obras colectivas algúns traballos sobre lingua e literatura galegas e sobre a historia do nacionalismo galego contemporáneo.

Obra escrita Ensaio A política e a organizaçom exterior da UPG (1964-1986) (2012). Santiago: Laiovento. 922 páxs. ISBN 978-84-8487-224-5. A UPG em Portugal e alguma coisa mais (2022). Através Editora. 144 páxs. ISBN 978-84-16545-75-9. Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego (2023). Vigo: Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-1110-262-9. ePub: ISBN 978-84-1110-275-9.

Obras colectivas Estudo crítico das "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (ILG-RAG) 1982 (1983). AGAL. 2ª edición en 1989. Prontuário ortográfico galego (1985). AGAL. Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984 (1986). AGAL. A semente da nación soñada. Homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín (2008). Sotelo Blanco/Xerais. Por um galego extenso e útil (2010). Através Editora. A ollada exterior do nacionalismo galego (2011). Fundación Galiza Sempre.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha do autor en Xerais

Categoría:Políticos da UPG Categoría:Nados en Foz Categoría:Nados en 1941 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Finados en 2026 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes