Antón Fortes Torres, nado en Sarria en 1957, é un escritor, profesor e político galego.
Traxectoria Estudou Filoloxía Románica, Galego-Portuguesa e Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, e é Catedrático de Lingua Galega e Literatura xubilado. Realizou igualmente estudos de lingua e literatura na Universidade Paul Valéry de Montpellier e nas Facultades de Letras de Coímbra e Lisboa. Pertenceu ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Isidro Novo e Lois Diéguez. Colabora habitualmente na revista Xistral.
Actualmente forma parte do Grupo Poético das Lupercais (Lugo).
Carreira política Foi concelleiro en Sarria polo BNG entre 1995 e 1999,"El BNG está satisfecho de que Fortes se posicione al margen del partido" El Progreso, 14 de abril de 2011 e quinto nas listas desa formación en 2003. Nas eleccións municipais de 2011 volveu á corporación municipal nas listas de Independientes de Galicia,"Independientes de Galicia da el golpe en Sarria, La Voz de Galicia, 12 de abril de 2011 e en setembro de 2013 anunciou a súa intención de incorporarse a Compromiso por Galicia."El portavoz de IG invita a Fortes a abandonar el grupo" El Progreso, 23 de setembro de 2013 En novembro de 2014, foi nomeado candidato de CxG nas eleccións municipais de 2015, sendo elixido concelleiro. No 2019 deixou a política partidista.
Obras Poesía Figuras masculinas de meio-corpo, 1997, Espiral Maior. Premio Legais no 2001. 2ª ed., Chan da Pólvora, 2020. Sexto Fetiche, 2001, edición de autor. Gris cinza, 2005, eDixital. Ansia (Balbúceos), 2010, eDixital. Ofelia sen dó, 2019, Belén Bouzas Gorgal e Armando Requeixo (eds.). Gris cinza / Barbárie, crisântemos e um Urbano Lugrís, 2022, Através Editora. Trânsito, 2024, Chan da Pólvora.
Prosa Caderno de animalista, 2008, Oqo Editora. Fume, 2008, Oqo Editora. Á sombra dos anacardios, 2010, Oqo Editora.
Traducións A cabra boba, de Pep Bruno, 2006, Oqo Editora. Gran libro dos retratos de animais, de Svjetlan Junakovic, 2006, Oqo Editora. A boneca e a castañeira, de Roberto Aliaga, 2008, Oqo Editora. A figueira de Pelostortos, de Ana García Castellano, a partir do conto tradicional, 2009, Oqo Editora. Os mil brancos dos esquimós, de Isabel Minhós Martins, 2009, Oqo Editora. A sopa queima, de Pablo Albo, 2009, Oqo Editora.
Obras colectivas O segredo da lanterna verde, 2009, Xunta de Galicia. Con Mar Guerra, Elvira Riveiro e Xelís de Toro. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Dez anos de poesía nas Pontes, 2013, Galebook. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios Premio Legais no 2001 por Figuras masculinas de meio-corpo. II Premio Libro Infantil e Xuvenil Mellor Editado 2008 (Ministerio de Cultura) por Caderno de animalista. Premio The White Raven 2009 por Fume. V Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro 2016 por Ofelia sen dó.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Antom Fortes Torres na páxina web da Biblioteca Virtual Galega (BVG).
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Políticos de Compromiso por Galicia Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1957 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros de Sarria