Xoán Xosé Fernández Abella, nado en Monforte de Lemos o 11 de setembro de 1933 e falecido o 17 de agosto de 2023, foi un escritor galego.

Traxectoria Con estudos de Maxisterio e licenciado en Dereito, foi emigrante en Venezuela entre 1966 e 1972. Foi mestre, entre outros lugares, en Ortigueira. Estivo moi vinculado á Estrada, aínda que nos seus últimos anos residiu en Teo.

Colaborou en diversas publicacións, como La Voz de Ortigueira, Ateneo Ferrolán ou Dorna.

Obras Poesía Poemas galegos, 1976, edición con poemas en galego e castelán. Escolma de poemas, 1987, Ediciós do Castro. Poemas estradenses e catorce poemas máis, 2005, Edicións Fervenza. Poemas de amor, loanza, condena e outros, 2011, Follas Novas.

Obras colectivas Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais. Escrita Contemporánea, homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais. Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, 2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Xoán Xosé Fernández Abella, entrevista de Francisco Rozados "Rochi" para a sección Encontros coa Cultura na web Noticieiro Galego, 3 de xuño de 2013.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1933

Categoría:Finados en 2023