Juan José Fernández García, nado en Covas (Ferrol) o 18 de agosto de 1940, é un político galego.
Traxectoria É enxeñeiro naval e mariño na reserva. Traballou na E.N. Bazán (actual Navantia), entre os anos 1970 e 1983, acadando o cargo de Director de Proxectos do estaleiro. Foi presidente do OAR Ferrol de 1960 a 1994. Foi deputado no Parlamento Galego en 1989 e desempeñou o cargo de conselleiro de Industria na Xunta de Galicia polo Partido Popular. En 1995 creou un novo partido político, IF (Independientes por Ferrol), co que obtivo 5 concelleiros nas eleccións municipais e despois foi tenente de alcalde do concello de Ferrol entre os anos 2003 e 2007.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ferrol Ligazóns externas Ficha en Vieiros
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Concelleiros de Ferrol Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Nados en Ferrol
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes