François Alain Davo, nado en Le Mans o 26 de setembro de 1966, é un escritor, tradutor e profesor francés en lingua galega e francesa.
Traxectoria Licenciado en Letras e Civilizacións Ibéricas pola Universidade da Sorbona (París). Entre 1987 e 1989 dirixiu a revista Azertyuiop en París. Foi cofundador da Asociación Amigos de Azertyuiop (editora dos Cadernos de Azertyuiop) en 1995, xunto a Dulce Fernández Graña, Alfredo Ferreiro e Tati Mancebo, na Coruña. Colaborou con poemas na revista Luzes de Galiza. Actualmente é profesor de francés no IES Plurilingüe Eusebio da Guarda da Coruña. Reside permanentemente na Galiza desde o ano 2000.
Obras Poesía Diario de la lluvia, 1994, Sociedad de Cultura Valle-Inclán. Existe unha edición bilingüe (2021) con tradución ao galego de Dulce Fernández Graña. A areia que transforma punhos e conversas, con Alfredo Ferreiro, 1995, Os Cadernos de Azertyuiop. O inmóbil impaciente, 1997, edición bilingüe galego-francés, Espiral Maior, con tradución ao galego de Dulce Fernández Graña. 4 voltas, 2014, libro de artista, con gravados de Tono Galán. Recollendo escombros, 2015, libro electrónico, e-book, Sermos Galiza. Sous le regard des saisons, poesía postal, edición de artista, 2016. Ónix, abrollar, 2018, Espiral Maior.
Literatura infanto-xuvenil Carta de Re, 2019, libro de artista, con Sol Davo Fernández, A-Lenta Editora/Manchea.
Obras colectivas 7 poetas, 1995, con Pedro Casteleiro, Alfredo Ferreiro, Mário Herrero, José António Lozano, Tati Mancebo e Luís Maçãs. Bestiario, 1998, Edicións do Dragón. Encontro en Puruchuco, carpeta de artista da exposición, 2010 (con fotos de Gustavo García Roig). Elos, de Paula Gómez del Valle, 2011, Morgante. Con Txiki Calvo e Rodrigo Varela. O mundo habitado, carpeta de artista da exposición, 2012 (con fotos de Gustavo García Roig). 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico).
Traducións Inés de Castro, de Madame de Genlis, con Dulce Fernández Graña, 1997, Espiral Maior. Do francés para o galego. As palabras, de Jean-Paul Sartre, con Dulce Fernández Graña, 1999, Laiovento, reeditado en 2005 por La Voz de Galicia. Do francés para o galego. As auténticas memorias da Bela Otero, de Caroline Otero, con Dulce Fernández Graña, 2001, Xerais. Do francés para o galego. Les Certitudes du climat, de Miguel Anxo Fernán-Vello, 2005, Espiral Maior. Do galego para o francés. Anthologie poétique, de Ánxeles Penas, 2006, Espiral Maior. Do galego para o francés
Premios Premio Esquío de poesía en castelán no ano 1993, por Diario de la lluvia. 3º Premio Concurso Internacional haikus da CEO-FIPF/Embaixada do Xapón en Bruxelas no ano 2021.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Blog do autor Perfil en As escollas electivas
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia
Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Le Mans
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Tradutores do francés