Michael Smith, nado o 26 de abril de 1932 en Blackpool (Inglaterra) e finado o 4 de outubro de 2000 en Vancouver (Canadá), foi un químico, bioquímico e profesor universitario canadense, de orixe inglesa, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1993.

Traxectoria Estudou química na Universidade de Mánchester, onde se doutorou en 1956. Aquel mesmo ano trasladouse ao Laboratorio de Har Gobind Khorana da Universidade da Columbia Británica, e posteriormente dedicouse á docencia na Universidade de Wisconsin-Madison, situada nos Estados Unidos, e finalmente volveu á Universidade da Colúmbia Británica, onde foi nomeado director do Laboratorio de Biotecnoloxía.

Investigacións científicas Interesado na investigación científica na contorna do ADN, buscou métodos para poder recodificar o ácido desoxirribonucleico en puntos concretos, o que se coñeceu como mutaxénese dirixida, para poder variar así a composición, forma e propiedades das proteínas.

En 1993 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento dun método para a mutación (mutáxeno) do ácido desoxirribonucleico. O premio foi compartido con Kary Mullis polo desenvolvemento da Reacción en cadea da polimerase.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1993 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1993 Michael Smith en Biografías y Vidas Perfil de Michael Smith en NNDB Biografía de Michael Smith en Michael Smith Laboratories

Categoría:Bioquímicos do Reino Unido Categoría:Bioquímicos do Canadá Categoría:Químicos do Reino Unido Categoría:Químicos do Canadá Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados en Blackpool Categoría:Finados en 2000 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Premios Nobel do Canadá