Michael J. Behe, nado en Altoona (Pensilvania) o 18 de xaneiro de 1952, é un bioquímico estadounidense, defensor do deseño intelixente. Profesor de bioquímica na universidade Universidade Lehigh en Pensilvania, é un senior fellow do Center for Science and Culture do Discovery Institute. Defende a idea de que existen algunhas estruturas demasiado complexas no nivel bioquímico que non se poden explicar como o resultado dos mecanismos da evolución.
Foi quen desenvolveu o concepto de "complexidade irredutíbel" (Irreducible Complexity) como un "un sistema individual composto de varias partes ben coordinadas que interaccionan para desempeñar a función básica deste, de modo que se se eliminara calquera desas partes o sistema deixaría de funcionar por completo" Behe, Michael J. (2000). La caja negra de Darwin: el reto de la bioquímica a la evolución. Editorial Andrés Bello..
O postulado de Behe sobre a complexidade irredutíbel de estruturas celulares claves tivo unha forte oposición na comunidade científica. O testemuño de Behe no caso Kitzmiller (Kitzmiller v. Dover Area School District) é citado extensamento polo xuízs:Kitzmiller v. Dover Area School District/2:Context#Page 28 of 139s:Kitzmiller v. Dover Area School District/4:Whether ID Is Science#Page 68 of 139s:Kitzmiller v. Dover Area School District/4:Whether ID Is Science#Page 70 of 139s:Kitzmiller v. Dover Area School District/4:Whether ID Is Science#Page 79 of 139 na súa decisión de que o deseño intelixente non é ciencia, senón esencialmente relixión na súa natureza.s:Kitzmiller v. Dover Area School District/6:Curriculum, Conclusion O Departamento de Ciencias Biolóxicas da Universidade Lehigh publicou unha declaración coa súa posición oficial na que sinalaDepartment Position on Evolution and "Intelligent Design" , Lehigh Department of Biological Sciences:
Traxectoria Behe criouse en Harrisburg, Pensilvania, onde asistiu á St. Margaret Mary's Parochial School e graduouse na Bishop McDevitt High SchoolScientific Orthodoxies ; Godspy Magazine, 2004. Acceso: 15-01-2007 .Ficha en Soylent Communications; Acceso: 15-01-2007 . Estudou na Drexel University, titulándose en 1974 en Ciencia con mención en química (Bachelor of Science). Obtivo o PhD en bioquímica na Universidade de Pensilvania en 1978. Entre 1978 e 1982 fixo estudos de post-doutoramento na estrutura do ADN no National Institutes of Health. Entre 1982 e 1985 foi profesor asistente en química en Queens College en Nova York, onde coñeceu á súa esposa, Celeste. En 1985 mudouse a Lehigh University, onde actualmente é catedrático de bioquímica.
Inicialmente o profesor Behe aceptaba os conceptos da teoría xeral da evolución, pero despois da lectura do libro de Michael Denton, Evolución, unha teoría en crise, pasou a cuestionar a teoría darwinista. Máis tarde, Behe chegou a crer que había evidencias, no nivel molecular, de que os sistemas biolóxicos son "irredutibelmente complexos". Estes sistemas non poderían evolucionar pola selección natural, e si proxectados por un "deseñador intelixente", que o levaron a entender que a única explicación posíbel e alternativa á teoría xeral da evolución para a existencia de tales estruturas era a actuación dun proxectista con propósitos racionais e finalísticos.
A partir da publicación do seu libro A caixa negra de Darwin gañou fama entre os partidarios da teoría do deseño intelixente, xa que a obra daba voz pública a estudosos creacionistas que poñían dúbidas aos fundamentos da teoría de Charles Darwin, especialmente contra o éxito entre o público leigo alcanzado pola obra de Darwin.
No obstante a contundencia das manifestacións da comunidade científica, maioritariamente ao lado da teoría darwinista, o bioquímico mantívose firme, sempre tratando de dar carácter científico ao tema (non trata en termos académicos sobre a identidade do proxectista intelixente e non descarta o concepto do antepasado común). Para demostrar a súa firme convicción sobre o asunto publicou recentemente a edición que conmemora os dez anos da súa tese: Darwin's Black Box, 10th Anniversary Edition.
Neste libro Behe afirma que "unha década despois da publicación de A caixa negra de Darwin, o argumento creacionista a favor do deseño intelixente é máis forte que nunca. A pesar da oposición dos científicos, entre os creacionistas o argumento do libro a favor do deseño permanece". Chega mesmo a dicir que "as perspectivas futuras de éxito do deseño son excelentes, porque se apoian non en preferencias de calquera persoa ou de calquera grupo, senón en datos. O ascenso da hipótese do deseño intelixente non se debe a nada que eu ou calquera outro individuo escribira ou dixera, senón ao grande avance da ciencia en entender a vida".
Obra Artigos en revistas Estrutura do ADN
Estrutura das proteínas
Evolución
Libros Darwin's Black Box. Free Press, 1996. ISBN 0-684-83493-6. Ver Copia escaneada (non inclúe todas as páxinas) en Google books Science and Evidence for Design in the Universe (Proceedings of the Wethersfield Institute), 25 de setembro de 1999. ISBN 0-89870-809-5 The Edge of Evolution. Free Press, xuño de 2007. ISBN 0-7432-9620-6
Vídeos Flock of Dodos. New Video, (2007) ISBN 0-7670-9819-6 Intelligent Design: From the Big Bang to Irreducible Complexity Irreducible Complexity: The Biochemical Challenge to Darwinian Theory Unlocking the Mystery of Life 2002 Where Does the Evidence Lead? 2004 Michael Behe on Colbert Report 2007
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en la Universidad Lehigh (en inglés) Blog de Behe en Amazon (en inglés) Sociedad Internacional sobre Información de la Complejidad y el Diseño International Society for Complexity Information and Design (en inglés) Michael Behe's Home Page (en inglés) Entrevista co Dr. Michael Behe (en inglés)
Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Blair, Pensilvania Categoría:Nados en 1952