El Orzán, foi un xornal galego editado na Coruña de 1918 a 1932.

Historia e características Subtitulado Diario independente, apareceu o 1 de febreiro de 1918. Estivo dirixido por José Pan de Soraluce, Leandro Pita Romero (desde o 1 de maio de 1924)La Voz de Galicia, 2-5-1924, p. 1. e Victoriano Fernández Asís. Entre os seus colaboradores estaban Picadillo, Alfredo Tella, José Luis Bugallal Marchesi, Eduardo Pérez Hervada, Joaquín Freyre de Andrade, Sebastián Naya e Dámaso Calvo Moreiras. Formado por antigos redactores de El Noroeste, era un xornal de información local de tendencia monárquica e conservadora. Cesou a súa publicación o 17 de xullo de 1932. En febreiro de 1933 apareceu El Día, que se pretendeu o seu continuador.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1918 en Galicia