Léon Malet, máis coñecido coma Léo Malet, nado en Montpellier o 7 de marzo de 1909 e finado en Châtillon (Altos do Sena) o 3 de marzo de 1996, foi un escritor e poeta francés, coñecido especialmente como creador de novela negra. Destaca a súa serie protagonizada polo heroe Nestor Burma, "o detective do shock". Algúns considérano o "inventor da novela negra francesa".

Ao longo da súa vida empregou numerosos pseudónimos: Frank Harding, Léo Latimer, Lionel Doucet, Jean de Selneuves, Noël Letam, Omer Refreger e Louis Refreger. Xunto cos autores Serge Arcouët e Pierre Ayraud, usou o pseudónimo colectivo John-Silver Lee.

Traxectoria Abandonou de novo os estudos, comezando a traballar desde pequeno. En 1925 traballou como cantante de cabaré en La Vache Enragée de Montmartre (París). Na década de 1930 axuntouse co grupo de artistas surrealistas, trabando amizade con xente como André Breton, René Magritte ou Yves Tanguy. Foi nesta época cando comezou a facer literatura, publicando varios volumes de poesía.

Amais do seu nome real, publicou con pseudónimos como Frank Harding, Léo Latimer, Lionel Doucet, Jean de Selneuves, Omer Refreger ou Louis Refreger.

Obra Se ben cultivou diversos xéneros literarios, é coñecido principalmente polo personaxe de Nestor Burma, o antiheroe protagonista da serie Les Nouveaux Mystères de Paris. Burma é un detective privado cínico, coñecedor do argot dos suburbios de París, ex-anarquista e fumador de pipa.

Inicialmente Malet pretendía escribir unha serie de 20 novelas, unha para cada barrio (arrondisment), emulando a Les Mystères de Paris de Eugène Sue. Finalmente, foron 33 novelas con este personaxe, das que 18 teñen lugar nos diferentes distritos de París. Amais desta serie de novelas, tamén escribiu cinco narracións breves sobre Nestor Burma.

O personaxe de Nestor Burma foi levado á televisión nunha serie protagonizada por Guy Marchand. O autor franco-belga Jacques Tardi adaptou ao cómic algúns dos libros desta serie. Fixéronse catro adaptacións cinematográficas das súas novelasHommage à Léo Malet, na web do Centre national de la cinématographie .: 120 rue de la Gare (Jacques Daniel-Norman, 1946), Énigme aux Folies Bergère (Jean Mitry, 1959), La Nuit de Saint-Germain-des-Prés (Bob Swaim, 1977) e Nestor Burma, détective de choc (Jean-Luc Miesch, 1982).

Outros personaxes ficticios foron Johnny Métal e Mike Rowland.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Bibliografía de Léo Malet

Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores de novela negra