O aja é unha lingua níxer-congo do grupo kwa que se fala en Benín e Togo.
Distribución xeográfica Benín, fálase no suroeste do país, na ribeira do río Mono nas subprefecturas de Aplahoué, Djakotomè, Dogbo, Klouékanmè, Lalo e Tovinklin da provincia de Couffo e nas subprefecturas de Athiémè, Comè e Houéyogbé do provincia de Mono. Fóra do seu territorio tradicional hai comunidades aja nas subprefecturas de Djidja e Agbangnizou, no provincia de Zou, pero viven en aldeas mesturados con falantes doutras linguas. Tamén hai falantes en Cotonou e outras cidades do sur de Benín. Togo, fálase ao norte e sur da selva de Togodo na prefectura de Moyen-Mono, e nas prefecturas dos Lagos e Yoto na rexión Marítima, e algúns falantes en Lomé.
Dialectos Todos os dialectos aja son comprensibles entre si, as distincións entre dialectos débense fundamentalmente á pronuncia con poucas diferenzas no léxicoKluge, Angela A Synchronic Lexical Study of Gbe Language Varieties: The Effects of Different Similarity Judgment Criteria. Linguistic Discovery; 2005, Vol. 3 Issue 1, páxinas 22-53. Segundo o Ethnologue os dialectos do aja son catro denominados dogbo, hwe ( ou ehoue, é o dialecto con maior número de falantes), tado, sikpi e tala. Capo dividiu o aja en catro dialectos: dogbo, hwe, sikpi e tadoHounkpati Bamikpo Christophe Capo, Renaissance du gbe réflexions critiques et constructives sur l'eve, le fon, le gen, l'aja, le gun etc. Helmut Huske Verlag, 1988, páxina 101 e Tchitchi en tres: dogbo, hwe e sikpiTchitchi, Systématique de l’Ajagbe, Universidade da Sorbona, 1984, páxinas 11 e 12 Usos sociais Os aja utilizan a súa lingua en todos os dominios, agás a educación e a administración. En Benín o aja é dende comezo da década de 1990 unha das seis linguas nacionais, polo que se beneficia da súa utilización en certos actos formais e na educación para adultos, e mesmo hai plans para a introducir no ensino formal. Tamén se emprega na radio.
Escrita En 1965 o sacerdote católico Raymond HarguindéguyHounkpati Bamikpo Christophe Capo, Renaissance du gbe réflexions critiques et constructives sur l'eve, le fon, le gen, l'aja, le gun etc. Helmut Huske Verlag, 1988, páxina 45 e un grupo de catequistas escribiron por primeira vez na lingua na vila de Azovè, en 1966 crean un alfabeto propio baseado no latino, revisado en 1969, editou tamén un dicionario aja-francés, unha gramática e varios outros materiais para a aprendizaxe da lingua. Nos anos 1970s un grupo de estudantes da Universidade de Lomé creou un círculo de cultura aja, Akɔmabu, que publicaba regularmente un boletín e calendariosSuzanne Lafage, Français écrit et parlé en pays éwé (Sud-Togo).Peeters Publishers, 1985, páxina 37. En 1995 o lingüista aja Toussaint Yaovi Tchitchi publicou Agbebodo, un libro de poesía que constitúe a primeira mostra de literatura moderna na linguaTompkins, Barbara and Angela Kluge. 2002. "Sociolinguistic survey of the Aja language area." SIL Electronic Survey Reports 2002-020. e é o responsable da sección aja de Ablɔde, unha publicación trimestral da Universidade de Cotonou. A pesar do interese dos aja por ter unha forma escrita, aínda non hai unha escrita normalizada e en Benín e Togo non se utiliza o mesmo alfabeto cando se escribe.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O aja no Ethnologue Alfabetos adja utilizados en Benín e Togo La langue aja du Bénin
Categoría:Linguas gbe Categoría:Linguas de Benín Categoría:Linguas de Togo