miniatura|Mahoma en caligrafía árabe. miniatura|Minatura persa representando o profeta Mahoma ascendendo no Burak ao Ceo, unha viaxe coñecida como Mirax Mahoma (en - Muḥammad) ou Abū al-Qāsim Muḥammad ibn ʿAbd Allāh ibn ʿAbd al-Muṭṭalib ibn Hāshim,Nome completo: Abū al-Qāsim Muḥammad ibn ʿAbd Allāh ibn ʿAbd al-Muṭṭalib ibn Hāshim (, literalmente: Pai de Qasim Muhammad fillo de Abd Allah fillo de Abdul-Muttalib fillo de Hashim) nado o 26 de abril do 569/570 na Meca e finado o 8 de xuño do 632Elizabeth Goldman (1995), p. 63 indica o 8 de xuño de 632 como a data do seu pasamento, a dominante na tradición islámica. Outras tradicións temperás non islámcas indican que Mahoma aínda estaba vivo no tempo da invasión de Palestina. Véxase Stephen J. Shoemaker, The Death of a Prophet: The End of Muhammad's Life and the Beginnings of Islam, University of Pennsylvania Press, 2011. en Medina (ambas as dúas cidades fican na actual Arabia Saudita), foi un líder relixioso, político e militar árabe. Fundou o islam, relixión na que é considerado o maior profeta do Deus de Abraham.
Aos 40 anos de idade, segundo a tradición do islamismo, foille confiada por Deus (a través do Arcanxo Gabriel) a mensaxe do islam na forma do Corán. Tamén segundo a doutrina musulmá, na relixión musulmá, considérase a Mahoma «o selo dos profetas» (jātim al-anbiyā' ), o último dunha longa cadea de mensaxeiros enviados por Deus para actualizar a súa mensaxe, entre cuxos predecesores contaríanse Abraham, Moisés e Xesús de Nazaret. Á súa vez, o Bahaísmo venérao como un profeta ou "Manifestación de Deus", cuxas ensinanzas serían actualizadas polas de Bahá'u'lláh (1817-1892), fundador desta relixión.
Mahoma como figura política, unificou varias tribos árabes, o que permitiu as conquistas árabes daquilo que daría en ser un imperio islámico que se estendeu ata Europa.
Usualmente, cando un musulmán se refire a Mahoma, Xesús ou outro dos seus profetas, inmediatamente despois do nome di ou escribe que "a Paz e Beizón de Deus estean sobre el" ou expresión equivalente noutra lingua (frecuentemente árabe), ou incluso usa a sigla desa expresión (en árabe é "SWAS"). Os musulmáns non o consideran un ser divino senón un ser humano; con todo, el é visto como un dos máis perfectos entre os seres humanos.
Mahoma segundo a tradición islámica foi analfabeto e así se pode interpretar a Surah 7.157-8 do Corán coa que concordan a maioría dos teólogos islámicos, aínda que hai serias dúbidas que realmente o foseRichard Bell (1988) Introducción al Corán. Encuentro, p. 43-46 (edición orixinal en inglés de 1970 de Edinburgh University Press). Mahoma tivo 9 esposas, ou 12 se incluímos as escravas.
Xuventude esquerda|miniatura|Nacemento de Mahoma. Nado (posibelmente o 20 de abril do 570) pouco despois da morte do pai Abd Allah, Mahoma pertenceu a aquilo que hoxe clasificaríamos como unha familia de clase media. Inicialmente ficou a cargo do seu avó paterno Abd al-Muttalib, un antigo líder do prestixioso clan Hashim (que era parte da tribo dos Quraysh). Aparentemente debido a que o clima de Meca tiña unha reputación de ser pouco saudábel, a familia de Mahoma entregouno aos coidados dunha ama de leite chamada Halima, dunha tribo nómade, e pasou algún tempo no deserto (aparentemente esta práctica era corrente nas clases medias e altas).
Á idade de seis anos, Mahoma perdeu a súa nai Amina. Cando aos oito perdeu a seu avó Abd al-Muttalib, Mahoma pasou ao coidado do seu tío Abu Talib, o novo líder do clan Hashim da tribo dos Quraysh, o máis poderoso da Meca.
Daquela, A Meca era unha cidade-estado no deserto, cuxo principal monumento era a Kaaba (Ka'aba), supostamente construída por Abraham, o antepasado de árabes e xudeus (e dos cristiáns). A maior parte dos habitantes de Meca adoraban ídolos. A pesar de que a cidade non posuía recursos naturais, funcionaba como un centro comercial, visitada por moitos comerciantes estranxeiros.
Como é comunmente recoñecido, Mahoma desempeñou un papel moi activo na vida cívica desta cidade. Seu tio Zubair fundou a orde de cabalaría coñecida como a Hilf al-fudul, que atendía os oprimidos da cidade, habitantes locais e visitantes estranxeiros, sendo Mahoma un membro entusiasta. Mahoma axudou na resolución de disputas, e tornouse coñecido como Al-Ameen ("o confiábel") debido á súa reputación nestas mediacións. Como exemplo, cando a Kaaba sufriu danos despois dunha inundación, e os líderes da Meca querían recibir todos a honra de resolver o problema, foi Mahoma o nomeado para resolvelo. Mahoma propuxo que estendesen un lenzo branco no chan, que colocasen a Pedra Negra (tamén coñecida como Haxar el Aswad) no medio e pediu aos líderes tribais que a transportasen ao seu sitio, asegurando os cantos do lenzo. Chegados ao lugar, o propio Mahoma tratou de a colocar na posición debida.
Na súa adolescencia, Mahoma comezou a acompañar a seu tío nas viaxes comerciais pola Siria. Deste xeito tornouse unha persoa viaxada, familiar cos costumes de terras estranxeiras.
Primeiro casamento Por volta de 595, nunha viaxe comercial, Mahoma coñeceu Khadixah, unha viúva rica de 40 anos de idade. O Mahoma mozo (na altura 25 anos de idade) impresionou Khadixah de tal forma que ela propuxo o casamento. O casamento foi un punto de viraxe na vida de Mahoma. De acordo cos costumes árabes, os fillos máis novos non recibían ningunha herdanza, sexa dos pais ou dos avós. Con este casamento, Mahoma viuse subitamente señor dunha grande fortunaAli Sultaan Ali Asani, Kamal Abdel-Malek, Annemarie Schimmel, Celebrating Muḥammad, University of South Carolina Press, 1995, p. 2.. A sira rexistra que deu á luz 6 fillos de Mahoma, aínda que só sobreviviron catro fillas: Zainab, Ruqayyah, Umm Kulthoom e Fátimah az-ZahraMathieu Tillier et Thierry Bianquis, « De Muhammad à l'assassinat de 'Alî », in Thierry Bianquis, Pierre Guichard et Mathieu Tillier (dirs.), Les débuts du monde musulman, viie ‑ xe siècle. De Muhammad aux dynasties autonomes, éd. P.U.F./Nouvelle Clio, 2012, p. 80.. A pesar de Mahoma non ter fillos das súas futuras mulleres, tivo un fillo dunha súa escrava copta (un pobo exipcio) María (Miriam). Este fillo, chamado Ibrahim, morreu na infancia.
Anos seguintes Mahoma casou con preto doutras dez mulleres nos seus anos seguintes, todas ela viúvas, agás Aisha. Varias destas mulleres foron feitas viúvas e tomadas como trofeo por Mahoma e os seus seguidores no decurso das súas incursións guerreiras. Unha das mulleres máis importantes foi Aisha, (عائشة) que tiña seis anos de idade na altura do seu noivado, e segundo os rexistros, nove anos de idade cando o casamento foi consumado; isto pode talvez ser explicado polo costume árabe de contraer o casamento despois da primeira menstruación. É posíbel que el teña concedido a liberdade á súa escrava Mirian, e a teña tomado como esposa. Porén, os primeiros biógrafos musulmáns non deixan moi claro se ela viviu con el como muller libre ou como escrava concubina.
Fundación do islam miniatura|dereita|220px|Mahoma recibindo o Corán de Gabriel. Ilustración do Jami' al-Tawarikh (Historia do Mundo) de Rashid al-Din, Tabriz, 1307. Mahoma tivo a certa altura un punto de reflexión e tomou o hábito de pasar noites nunha caverna próxima de Meca, en meditación e pensamento. Por volta do ano 610, en canto meditaba, Mahoma afirmou ter a visión do anxo Gabriel e ouviu unha voz dicíndolle "Ti es o mensaxeiro de Deus". Desde este momento ata á súa morte, Mahoma terá recibido frecuentes revelacións. Por veces, como a tradición o di, ao recibir estas mensaxes, Mahoma terá transpirado e entrado en estado de transo. Esta visión do anxo Gabriel terá perturbado a Mahoma, mais a súa muller Khadixa reconfortouno.
Por volta de 613 DC Mahoma comezou a pregar en público. Ao proclamar a súa mensaxe publicamente, Mahoma gañou seguidores, incluíndo os fillos e irmáns do home máis rico da Meca. A relixión que el pregou tornouse coñecida como o islam (submisión á vontade de Deus). Quer o Corán e os dicires de Mahoma indican que Mahoma viu desde cedo o islam como unha relixión universal e non soamente da comunidade árabe.
Á medida que os seus seguidores medraban, el tornábase unha ameaza para as tribos locais, especialmente a Quraysh, a súa propia tribo, que tiña a responsabilidade polo coidado da Kaaba, que nesta altura hospedaba varios milleiros de ídolos que os árabes adoraban coma deuses.
Rexeición Cando Mahoma pregou perante este panteón, tornouse moi impopular cos gobernantes, e os seus seguidores foron obxecto de ataques repetidos ás súas persoas e propiedades. De acordo cos relatos, algúns dos habitantes da Meca lanzaron ataques vigorosos e brutais contra esta nova relixión: forzaron persoas a deitarse sobre area ardente, colocaron enormes pedras sobre os seus peitos, derramaron ferro derretido sobre eles. Moitos terán morrido, mais a fe prevaleceu. Esta persecución non atinxiu inicialmente o propio Mahoma, polo simple motivo de que a súa familia detiña moita influencia. Porén, estas circunstancias tornáranse intolerábeis e Mahoma aconsellou a algúns dos seus seguidores iren para a Abisinia.
Os habitantes de Meca tentaron aliciar Mahoma a deixar a súa misión relixiosa ofertándolle poder político. Á medida que os seguidores de Mahoma aumentaron, os seus opoñentes tentaron removelo a deixar ou alterar a súa relixión. Ofrecéranlle unha boa parte do comercio e o casamento con mulleres dalgunhas das familias máis ricas, mais el rexeitou todas estas ofrendas. Os habitantes de Meca acabaron por esixir que Abu Talib entregase o seu sobriño Mahoma para execución. Unha vez que el recusou, a oposición exerceu presión comercial contra a tribo de Mahoma e os seus partidarios. Houbo tamén unha tentativa de asasinato. Despois da morte do seu tío e de Khadixa, o propio clan de Mahoma retiroulle a protección. Sufriu entón insultos, foi apedrado e tirado contra espiños e lixo; mais, non o mataron.
Héxira: a emigración de Meca para Medina En 622, despois da persecución aos seus seguidores se ter tornado maior e de teren decidido asasinalo, Mahoma e os seus seguidores deixaron Meca con dirección a Medina. Aí chegados, converterían moitos partidarios. Esta "Héxira" ou emigración (que se adoita traducir tamén por voo) marca o inicio do calendario islámico.
Os habitantes de Medina esperaron que Mahoma os unise e evitase incidentes tales como a guerra civil de Medina de 618, na cal moitas vidas se tiñan perdido. Un documento coñecido como a Constitución de Medina (622-623) estableceu a confederación entre os seguidores de Mahoma de Meca e os clans árabes veciños. Medina e os seus suburbios tornáranse despois da ratificación do tratado, nun estado de coalición, con Medina como Capital e Mahoma como "presidente". A autoridade pasou para as mans de Mahoma e os seus seguidores polo que se pode dicir que Medina se tornou entón na capital do islam. Para expandir a zona de paz e de seguranza, o profeta comezou a facer acordos semellantes con outras tribos á volta do "seu estado".
Medina esquerda|miniatura|Mahoma na batalla de Badr. A tribo Quraish, en resposta á fuga de Mahoma para Medina, formou unha alianza con outras tribos politeístas en Meca, para molestar os musulmáns en Medina e en Meca. Eles tamén ameazaron de morte os musulmáns que quixesen regresar a Meca. En Medina, cos musulmáns baixo alerta, algúns emigrantes musulmáns de Meca iniciaron ataques militares contra caravanas de Meca a camiño da Siria, afectando a economía de Meca.
Por volta desta altura, Mahoma mudou a dirección da quibla de Xerusalén para Meca. En marzo de 624 Mahoma liderou unha tropa de asalto de preto de 300 homes a unha caravana vinda de Meca, liderada por Abu Sufyan, o líder do clan Umayyah. A caravana conseguiu escapar mais Abu Xahl, o líder do clan Makhzun, que tiña previamente oposto Mahoma e organizado un boicot contra o clan Hashim de Mahoma, detiña o comando dunha forza de preto de 800 homes e quería ensinar a Mahoma unha lección.