O alfabeto latino, utilizado ao longo dos séculos para notar a maioría das linguas de Europa occidental (logo, tras as colonizacións, por todo o mundo), tivo que ser completado: en efecto, a súa versión histórica non posúe un número suficiente de grafemas para notar todos os fonemas das linguas que o utilizan. Para isto, engadíronselle letras suplementarias, sexa por simple utilización de digramas e de diacríticos, sexa por construción de novos grafemas.
Os métodos de transcrición e transliteración de linguas que non usan o alfabeto latino botan man a miúdo deste tipo de letras suplementarias.
Caracteres engadidos
Esta táboa resume algúns grafemas que foron ou son aínda utilizados en linguas escritas co alfabeto latino, sen incluírense os caracteres específicos do Alfabeto Fonético Internacional. As linguas mortas aparecen en cursiva.
Maiúscula Minúscula Nome Linguas Ɑ ɑ Alfa latino Alfabeto do Camerún Ð ð Eth AnglosaxónFeroésIslandés Δ ẟ Delta latino Galés medievalVakhí Ɛ ɛ Épsilon latino Alfabeto africano de referenciaBérber Ə, Ǝ ə Schwa AzeríAlfabeto africano de referencia Ɣ ɣ Gamma latino Alfabeto africano de referencia Ɩ ɩ Iota latino Alfabeto africano de referencia Κʻ ĸ Kra Kalaallisut (obsoleta) 16px λ Lambda latino Linguas wakash Ŋ ŋ Eng Saami Ɔ ɔ Enhg Alfabeto africano de referencia ſ S longo Numerosas linguas (obsoleta) Ʃ, ʃ ʃ Esh Alfabeto africano de referencia Þ þ Thorn AnglosaxónInglés MedioIslandés ϴ θ Theta latino VakhíRomaní Ʊ ʊ Ípsilon latino Alfabeto africano de referencia Ʌ ʌ V inverso Kanuri, chol e outras linguas Ƿ ƿ Wynn AnglosaxónInglés Medio Ȝ ȝ Yogh Inglés Medio Ʒ ʒ Ezh Saami Ɂ ɂ Ɂ Chipewyan e outras linguas atapascanasColville-okanagan ʻ ʻOkina HawaianoSamoanoꞋ ꞌ Saltillo Chꞌol e outras linguas de México
Caracteres modificados
Diacríticos
Unha forma simple de transcribir un fonema é utilizar un diacrítico nunha letra próxima. Segundo as linguas, as letras así modificadas teñen consideración de letras independentes ou non: así, en galego, o <ñ> ten estatuto de letra propia, en cambio en francés as letras así modificadas non o teñen.
Ligaduras
Maiúscula Minúscula Nome Linguas Letras ligadas Æ æ Ash DanésFeroésIslandésNorueguésOseto A e E & Et Todas E e T Ƕ ƕ Hwair Transcrición do gótico H e V IJ ij IJ Holandés I e J Œ œ OE Francés E e O Ȣ ȣ Ou Algonquino O e U ß Eszett Alemán ſ (s longo) e sſ e z
Véxase tamén
Outros artigos
Alfabeto latino Diacríticos do alfabeto latino Digrama Letras suplementarias do alfabeto grego Ligadura Orde alfabética Variante contextual
Categoría:Alfabetos