Kaaba (árabe: الكعبة ou Al Ka'abah Al Musharafah : الكعبة المشرًّفة tamén: al-Bait ul Ateeq البيت العتيق e al-Bait ul Haram البيت الحرام) é unha construción reverenciada polos musulmáns, na mesquita sagrada de Masjid al-Haram na Meca, e é considerado polos devotos do islam como o lugar máis sagrado do mundo.

A Kaaba é unha construción cúbica de 15,24 m de altura e está cercada por muros de 10,67 m e 12,19 m de altura. Está permanentemente cuberta por unha manta escura con bordados dourados que é regularmente substituída. No seu interior atópase a Pedra Negra (Hajar-ul-Aswad), unha pedra escura de preto de 50 cm de diámetro, considerada unha das reliquias máis sagradas do islam. É probabelmente o resto dun meteorito.

Significado relixioso miniatura|Masjid al-Haram e a Kaaba durante o Hajj de 2008 A Kaaba é o lugar máis sagrado do islam, referido frecuentemente como A Casa de Deus ou A Casa de Alá.Lee Witness The Basis for the Building Work of God, p. 37

Quibla Os musulmáns teñen a obriga de orar en dirección á Kaaba, segundo recolle o Corán, esa dirección coñécese como quibla.

Peregrinación A Kaaba é o punto de destino dos peregrinos musulmáns que realizan o Hajj e o Umrah. O Hajj realízase no mes de Dhu al-Hijjah do calendario musulmán e o Umrah en calquera época do ano. A peregrinación á Meca é un dos piares do islam e é obrigatoria facela cando menos unha vez na vida para todos os musulmáns que estean en condicións físicas de realizala.

Historia miniatura|esquerda|A Pedra Negra foi venerada en tempos pre islámicos, e agora é o obxecto principal da Kaaba. Non se sabe certa a súa orixe nin composición.[Alex Bevan, John De Laeter, Meteorites: A Journey Through Space and Time, pp. 14-15. UNSW Press, 2002. ISBN 0-86840-490-X] No período pagán, a Kaaba probabelmente simbolizaba o sistema solar, abrigando 360 ídolos, sendo así unha representación zodiacal. Cando o profeta Mahoma repudiou todos os deuses pagáns e proclamou un Deus único, Alá, a Kaaba pasou de ser un centro de peregrinación pagá a un centro da nova fe.

O edificio foi varias veces restaurado, sendo a actual construción datada no século VII, substituíndo a máis antiga que foi destruída no cerco de Meca en 683.

Segundo algunhas lendas islámicas, a Kaaba foi construída por Adán para adorar ao Señor Deus. Segundo o Corán, os fundamentos da Kaaba estableceunos Abraham, que recibiu a pedra negra do anxo Gabriel.

Hoxe, a Kaaba representa a casa de Deus. Para o musulmán, que se volta cara a ela nas súas preces diarias, representa non só o centro do mundo, senón o centro do propio universo.

Estrutura da Kaaba A Kaaba é unha construción de forma rectangular e medidas irregulares: 10,67 m de fronte, 12,19 m de lado e 15,24 m de alto. O edificio non ten fiestras e só hai unha porta de ouro. O exterior da Kaaba é de granito, o interior está cuberto de mármore e o teito é de madeira. Toda a estrutura cóbrese cunha tea negra de seda bordada con textos do Corán en ouro chamada kiswa.

300px|Debuxo da Kaaba. 400px|Plano da Kaaba con dimensións e elementos.

A numeración correspóndese co debuxo situado enriba. الحجر الأسود Al-Ħajaru l-Aswad, a Pedra Negra, está situada na esquina oriental da Kaaba. A esquina norte coñécese como Ruknu l-ˤĪrāqī, a "esquina iraquí", a occidental como Ruknu sh-Shāmī, ou "recuncho de Levante", e a sur como Ruknu l-Yamanī a "esquina Iemení". Son as catro esquinas da Kaaba ou puntos cara ós catro puntos cardinais. O maior (longo) eixo está aliñado coa saída da estrela Canopus cara ó que se dirixe a súa parede sur, mentres que o seu eixo menor (as súas fachadas leste e oeste) están máis ou menos aliñadas coa saída do sol no solsticio de verán e a posta de sol do solsticio de inverno. A Porta da entrada mide 2,13 m dende o chan e está situada no muro norte-oriental, situada na fachada. En 1979 as portas foron feitas con 300 kg de ouro polo mestre artesán Ahmad bin Ibrahim Badr para substituír as portas de prata antigas feitas polo seu pai en 1942. Hai unha escada con rodas de madeira, normalmente gardada na mesquita entre a porta en forma de arco de Banū Shaybah e Zamzam Well. Meezab-i Rahmat, cano de auga de ouro para a choiva. Engadido na reconstrución de 1627 despois das inundacións que causaron o derrube de tres dos catro muros da Kaaba. šādarwān, reforzo engadido tamén en 1627 para protexer os alicerces de inundacións. hatīm-Hatim, a parede baixa é parte orixinal da Kaaba. É unha parede semicircular oposta, pero non conectada, está situada no N-W da Kaaba coñecida como Hatim. Ten 90 cm de altura e 1,5 m de ancho, e está feita de mármore branco. Vai tempo o espazo que hai entre o Hatim e a Kaaba pertencía á propia Kaaba, e por esta razón non se introduciu durante o tawaf. Algúns cren que a tumba de Ismael e a súa nai Agar atópase neste lugar. Os peregrinos non andan pola zona comprendida entre a parede e a Kaaba. Al-Multazam, é a parte do muro entre a Pedra Negra e a porta de entrada. مقام إبراهيم , Maqām Ibrāhīm, Estación de Abraham, protexido por unha urna de vidro e metal onde segundo a tradición Abraham deixou as pegadas dos seus pés. Esquina da Pedra Negra (Sur-Este). Esquina do Iemen (Sur-Oeste). Os peregrinos tradicionalmente pasan a man sobre unha gran pedra vertical que forma a esquina. Esquina de Siria (N-O). Esquina de Iraq (N-E). Kiswa, tea que envolve e cobre a Kaaba. A Kiswa é unha tea de seda negra e bordada en ouro, trócase tódolos anos durante a peregrinación Hajj. As dúas terceiras partes da súa altura é unha banda de ouro bordada con textos coránicos, incluído a Shahada, a declaración islámica de fe. Banda de mármore que marca o inicio e fin das circunvalacións. Estación de Gabriel (مقام جبريل, Maqām Yibrīl).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Islam Mahoma Relixión Meca

Ligazóns externas Kaaba Historia da Caaba (Ligazón morta) The History of Kaaba (Ligazón morta) Vídeo de 2'42" do interior da Kaaba. Imaxes por ordenador e reais (en Youtube)

Categoría:Historia do islam Categoría:Arquitectura islámica