O guepardo,Gran dicionario Cumio da lingua galega. Vigo: Edicións do Cumio, 2004.Dicionario de galego. Vigo: In Indo Edicións, 2004.Gran dicionario século XXI da lingua galega, Vigo: Editorial Galaxia / Edicións do Cumio, 2006.Gran dicionario Xerais da lingua. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2009. tamén coñecido como onza, Acinoyx jubatus, é un mamífero carnívoro da familia dos félidos e subfamilia dos felinos, o único representante actual do xénero Acinonyx.
É un animal que presenta un comportamento atípico, se o comparamos cos outros membros da mesma familia, xa que as súas garras non son completamente retráctiles, permanecendo visíbeis mesmo cando están recollidas ao máximo, sendo usadas para permitir unha maior adherencia ao solo cando corre, acelera e manobra no terreo (porén, as crías conseguen subir ás árbores por teren as garras máis finas)."Cheetah Fact Sheet". Cheetah.org. Consultado o 6 de decembro de 2014. e caza ás súas presas mediante persecucións a alta velocidade, en vez de tácticas como a caza á espreita ou en grupo; é o máis rápido de todos os animais terrestres, conseguindo atinxir velocidades por riba dos 110 km/h en carreiras curtas (dun máximo de 400 a 500 m).Milton Hildebrand (1959): "Motions of Cheetah and Horse". Journal of Mammalogy 40 (4): 481–495. Ler en liña.Carwardine, Mark (2008): Animal Records. New York: Sterling. ISBN 978-1-4027-5623-8, p. 43.Sears, Edward S. (2001); Running Through the Ages. Jefferson, North Carolina, USA: McFarland. ISBN 978-0-7864-0971-6, p. 5.Smith, Roff (2012): "Cheetah Breaks Speed Record—Beats Usain Bolt by Seconds" . National Geographic Daily News (National Geographic Society)."Speed sensation" Nature Video Collections. BBC Nature."Cheetah fast facts". Zoological Society of London. Consultado o 6 de decembro de 2014.Rodríguez de la Fuente, F. (1970), pp. 113-113.Paul Allen Tipler & Gene Mosca (2008): "Aceleración del guepardo". En: Física para la ciencia y la tecnología. Volume 1. Barcelona: Editorial Reverté, s. A. ISBN 84-291-4411-0.Jose Jimenez Ortega & Isabel Jimenez de la Calle (2004):"Ficha 17. El guepardo". En: Método para el desarrollo de la comprensión lectora. Volume 4. Madrid: La Tierra de Hoy, S. L. ISBN 84-96182-09-6.
O corpo do guepardo, deseñado para a carreira, ten un aspecto delgado e fino, con longas e esveltas patas e unha cara co fociño curto, marcado por dúas manchas negras que baixan desde os ollos até a comisura dos labios, e unha longa cola.
A súa coloración é beigue amarelada, con manchas negras polo dorso e a parte exterior das patas. Os individuos novos presentan, ademais, unha curta crina negra no dorso do pescozo.
As femias poden teren até cinco cachorros por camada. A súa presa fundamental son as gacelas.
Típico habitante da sabana, vive en África, e nalgunhas zonas remotas da península Arábiga e o suroeste de Asia.
En épocas antigas este animal foi domesticado para a caza, actuando de forma semellante a como hoxe se empregan os galgos.
Na actualidade, está clasificado como vulnerábel pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza, e están en marcha numerosos intentos de protección da especie, incluíndo procesos de clonación.Acinonyx jubatus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
Taxonomía Xénero O xénero Acinonys foi descrito en 1828 polo naturalista alemán Johann Christian Daniel von Schreber nun traballo publicado en Londres na revista Cat. Anat. Zool. Mus. Joshua Brookes.Acinoyx en Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Mammal Species of the World.
Ao longo do tempo este xénero foi coñecido polos sinónimos:
Acinomyx de Beaumont, 1964 Cynaelurus Gloger, 1841 Cynailurus Wagner, 1830 Cynofelis Lesson, 1842 Guepar Boitard, 1842 Gueparda Gray, 1843 Guepardus Duvernoy, 1834 Paracinonyx Kretzoi, 1929
A especie tipo do xénero é Acinonyx venator, Brookes, 1828, que fora descrita como Felis jubata por Schreber en 1775, no número 5 do volume 2 da súa obra Die Säugethiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibunge.Obra que comezou a publicar en 1774 e que rematou, co número 64, en 1804.
Especie A especie Felis jubata Schreber, 1775 foi posteriormente reclasificada no xénero Acinonyx, como Acinonyx jubata,Acinonyx jubata en Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Mammal Species of the World. e considerada como monotípica (é dicir, única do xénero) pola Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica en 1956.
Debido ás súas peculiaridades, Wozencraft (1993) situou ao xénero Acinonyx na súa propia subfamilia monofilética, acinoniquinos (Acinonychinae), aínda que a maioría dos autores encádrano na dos felinos.Wozencraft, W. C. (2005): "Order Carnivora". En: Wilson, D. E. & Reeder, D. M. Mammal Species of the World (3rd ed.), pp. 532–533.
Salles (1992), Johnson & O'Brien (1997), Bininda-Emonds et al. (1999), e Mattern & McLennan (2000) consideran que Acinonyx e as dúas especies do xénero Puma, Puma concolor (o puma) e Puma yagouaroundi (o iaguarundí ou xaguarundí), son representantes de grupos cercanamente relacionados.
Especies fósiles Ademais do guepardo, foron descritas catro especies fósiles de Acinonyx: Acinonyx jubatus, por Schreber en 1775.Schreber, J. C. D. (1777): Die Säugthiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibungen 1776-1778. Wolfgang Walther, Erlangen.</ref> Acinonyx pardinensis †, o chamado guepardo xigante, por Croizet e Jobert en 1828.Croizet, J. B. & Jobert, A. C. G. (1862): Recherches sur les ossemens fossiles du département du Puy-de-Dôme. Paris Acinonyx intermedius †, por Thenius en 1954.Thenius, E. (1954): "Gepardreste aus dem Altquartär von Hundsheim in Niederösterreich". Neues Jahrbuch für Geologie und Paläontologie, Monatshefte: 225–238. Acinonyx aicha †, por Geraads en 1997.Geraads, D. (1997): "Carnivores du Pliocène terminalde Ahl al Oughlam (Casablanca, Maroc)". Geobios 30 (1): 127–164. Acinonyx kurteni †, por Christiansen & Mazák en 2008. Esta xa non é unha especie válida, probabelmente é fraudulenta.
Subespecies miniatura|Ilustración do guepardo asiático (Acinonyx jubatus venaticus).
Aínda que moitas fontes admiten seis ou máis subespecies de guepardo, o status taxonómico da maioría destas subespecies non está resolto. A suposta subespecie Acinonyx jubatus rex (o chamado guepardo real, véxase máis abaixo) foi abandonada como subespecie desde que se descubriu que a variación foi causada por un só xene recesivo. A subespecie Acinonyx jubatus guttatus, o guepardo laúdo, tamén pode que sexa unha variación debido a un único xene recesivo. Algunhas das subespecies máis comunmente recoñecidas son: Acinonyx jubatus jubatus (Schreber, 1775) - Distribución orixinal: África meridioanl (Angola, Botswana, Mozambique, Malawi, Namibia, República Democrática do Congo, Suráfrica, Tanzania, Zambia e Zimbabwe) Acinonyx jubatus hecki Hilzheimer, 1913 - Distribución orixinal: Noroeste de África e África occidental (Alxeria, Benín, Burkina Faso, Exipto, Ghana, Malí, Marrocos, Mauritania, Níxer, Tunes, Senegal e Djibuti) Acinonyx jubatus raineyi Heller, 1913 - Distribución orixinal: África oriental (Kenya, Somalia, Tanzania e Uganda) Acinonyx jubatus soemmeringii (Fitzinger, 1855) - Distribución orixinal: África central (o Camerún, o Chad, Etiopía, Níxer, Nixeria, a República Centroafricana e o Sudán) Acinonyx jubatus velox Heller, 1913 - África oriental Acinonyx jubatus venaticus (Griffith, 1821) - Asia (Distribución antiga: Afganistán, Arabia Saudita, India, Irán, Iraq, Israel, Omán, Paquistán, Rusia, Siria, e Xordania). Actualmente existente en Irán. Extinto nos outros países asiáticos.
Porén, a UICN só cita dúas subespecies, Acinonyx jubatus ssp. hecki e Acinonyx jubatus ssp. venaticus.
Nomenclatura Nome científico O nome do xénero biolóxico, Acinonyx, está tirado do grego científico ἀκινὄνυξ akinónyx, "o de gadoupas inmóbiles", construído con ἀ- (a-, "non") + κινέω (kinéō, "eu movo") + ὄνυξ (ónyks, "uña"), xa que, como vimos, é o único félido que non pode retraer as uñas por completo.
O epíteto específico, jubatus, vén do adxectivo latno iubãtus, -a, -um, que significa "con crina" (de iuba, "crina [de cabalo]", "melena" [de león]", "cista", "penacho"), aludido ás crinas que presentan as crías do guepardo.Cat Specialist Group. Cheetah - Guépard - Duma - Acinonyx jubatus .
Nomes vulgares Guepardo deriva do latín científico gapardus (rexistrado en Francia en 1622, en J. B. Gramaye, Africae illustratae libri decem, Tournay, t. II, p. 38), ou outras formas do latín moderno, e que pasou como préstamo, por medio da lingua franca da África do Norte ao italiano da época como gattopardo, rexistrado a principios do século XVII e composto de gatto, "gato" e pardo, "leopardo".<ref>[http://atilf.atilf.fr/dendien/scripts/tlfiv5/advanced.exe?8;s=3242103660; guépard] no Trésor de la Langue Française informatisé. Esta antiga forma debe a súa fama moderna pola novela de Giuseppe Tomasi di Lampedusa, O gatopardo (Il Gattopardo) (1958), levada ao cinema en 1963 por Luchino Visconti.
E do italiano pasou, adaptado, ás outras linguas europeas: galego-portugués e castelán gueopardo, francés guépard, catalán guepard, alemán Gepard, ruso Гепард (guepard) italiano moderno, ghepardo, latín moderno cattus pardo, neerlandés jachtluipaard e gepard, afrikaans jagluiperd etc.
O sinónimo onza deriva dun latín vulgar *luncěa, e este do latín lynx, lyncis, "lince". Porén, cómpre sinalar que o nome onza tamén se aplica ao xaguar,
Nalgunha bibliografía a especie vén denominada como chita, adaptación do inglés cheetah, á súa vez adaptación da voz do hindi 'चीता' (cītā), quizais derivada do sánscrito citrakāyaḥ, que significa "salferido de manchas" e "leopardo".cheetah en The American Heritage Dictionary of the English Language. 4th Edition.
Características As principais características deste animal son:Haltenorth, T. & Diller, H. (1986), pp. 223-225.Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), pp. 147-148.Aulagnier, S., Haffner, P., Mitchell-Jones, A. J., Moutou, F. & Zima, J. (2009): Guía de los Mamíferos de Europa, del norte de África y de Oriente Medio. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-52-1.
miniatura|Retrato dun guepardo, visto de perfil. miniatura|Cachorro de guepardo deitado coa súa nai. miniatura|Pés dun guspardo. Nótense as garra embotadas, semiretráctiles. miniatura|Guepardo á carreira en persecución dunha presa.
Trátase dun felino de gran tamaño, de dorso cóncavo e abdome retraído, e aparencia en certo modo canina. O corpo do guepardo é musculoso e esveltísimo, aínda que de aparencia delgada e constitución aparentemente fráxil. A cabeza é pequena e arredondada, co fociño curto, ollos situados na parte superior da face e orellas pequenas e arredondadas. A cor da súa pelaxe xeral vai desde a parda amarelada até a amarela apagada pálida, que se fai máis clara, case branca, no ventre, e está cuberta de manchas negras, redondas, esparexidas e non formando "rosetas", como no leopardo; estas manchas son menos conspicuas nas partes inferiores. No pescozo e nos ombros o pelo é máis mesto, formando unha curta crina erecta, menos desenvolvida nas femias. Na cabeza ten dúas listas ou estreitas bandas negras, desde os ollos até a comisura dos labios. A longa cola aparece salferida de manchas negras na súa maior parte, que se unen formando bandas ou aneis cerca do final, que é branco. Os individuos novos o principio son de cor gris afumada, co pelo longo e sen marcas, que se vai progresivamente facendo amarelado nos flancos e nas patas, e as marcas van pronunciándose máis; ademais, presentan unha curta crina negra no dorso do pescozo (ao que alude o nome específico da especie, jubatus, como quedou dito máis arriba). O guepardo mide de 120 a 150 cm de lonxitude, aos que hai que engadir de 55 a 80 cm da cola. A súa altura na cruz é de 74 a 90 cm, e o seu peso, de entre 35 e 60 kg, sendo os machos lixeiramente de maior tamaño que as femias.