miniatura|Georges Cuvier

Georges Léopold Nicolas Frédéric Cuvier, barón de Cuvier, coñecido como Georges Cuvier (leva tamén os nomes de Dagobert e de Chrétien) Foi denominado Georges-Léopold-Chrétien-Frédéric-Dagobert Cuvier. Ver: Mémoires du Baron Georges Cuvier, publicada en inglés por Sarah Lee e en francés por Théodore Lacordaire, R. Fournier libraire, Paris, 1833, p.9. "Georges Cuvier", in Louis-François Jéhan, Dictionnaire historique des Sciences physiques et naturelles, J.-P. Migne éditeur, Paris, 1857, p.401-402. "Cuvier (Georges-Léopold-Chrétien-Frédéric-Dagobert, baron)" in Pierre Larousse, Grand dictionnaire universel du XIXe siècle, Tome Cinquième, Paris, 1869, p.693-694., nado en Montbéliard (Doubs) o 23 de agosto de 1769 e finado en París o 13 de maio de 1832, foi un naturalista francés, un dos máis importantes da primeira metade do século XIX. Desenvolveu métodos e programas de investigación en varias áreas da Historia Natural, destacando especialmente como promotor da anatomía comparada e da paleontoloxía.

Ocupou diferentes cargos de importancia na educación nacional francesa na época de Napoleón e tras a restauración dos Borbóns, e foi profesor de anatomía comparada no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, en París. Tamén é famoso por ser o principal enunciador do catastrofismo.

Está enterrado no cemiterio do Père-Lachaise de París.

Traxectoria Nado nunha familia protestante de Montbéliard, foi a lectura de Buffon a que orientou a súa vida Mémoires du Baron Georges Cuvier, publcadas en inglés por Sarah Lee e en francés por Théodore Lacordaire, R. Fournier libraire, Paris, 1833, p.13-14. Georges Cuvier, « Mémoires pour servir à qui fera mon éloge », écrits en 1822-1823, in L.-F. Jéhan, Dictionnaire historique des Sciences physiques et naturelles, J.-P. Migne éditeur, Paris, 1857, p.401-402.. Despois de estudar no colexio de Montbéliard, inscribiuse na Academia Carolina de Stuttgart en Alemaña, onde foi alumno do botánico Johann Simon von Kerner. Nos catro anos en Stuttgart (1785-1788) adquire o coñecemento da lingua e a literatura alemás.

Normandía Pasou os anos críticos da Revolución francesa en Normandía, traballando como titor nunha familia da nobreza. Nesta época fai un importante herbario.Vendido nunha poxa, encóntranse partes del no Museo de Historia Natural de París, no Museo de Rouen e nalgunhas coleccións privadas.

Dedica os seus tempos de lecer ao estudo da historia natural: recolle fósiles e fai comparacións coas especies viventes. Destes traballos solitarios deduciría a lei de correlación das formas, que lle permitiu a reconstitución de esqueletos completos a partir duns poucos fragmentos. Moi cedo ten a intuición da necesidade dunha nova clasificación do reino animal.

O éxito en París miniatura|250px|dereita|Retrato de Cuvier por François-André Vincent

O talento de Cuvier chamoulle a atención a Henri Alexandre Tessier (1741-1837), agrónomo, que o chama a París en 1795, onde de contado se fai notar, quer polas súas clases, quer polos seus escritos. O seu saber de autodidacta e a orixinalidade dos seus métodos fan que sexa admitido no Jardin des Plantes de París, onde Jean-Claude Mertrud, e despois Louis Jean-Marie Daubenton, procuran a súa colaboración e o introducen na Academia das Ciencias de Francia.

Foi nomeado sucesivamente profesor de historia natural nas escolas centrais, e asistente da cátedra de anatomía comparada (desempeñada por Mertud) no Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Á morte de Mertrud en 1802, ocupou como titular esta cátedra no Museo de París. Nesta institución, Cuvier emprendeu gran cantidade de estudos de anatomía comparada que deron lugar ao recoñecemento dos seus métodos pola comunidade científica da época, á cal conseguiu adherir ao seu programa científico para o estudo dos fósiles.

Foi tamén profesor do Collège de France e membro da Academia das Ciencias, onde foi nomeado secretario perpetuo para as ciencias físicas en 1803. O mesmo ano casa coa viúva do antigo fermier général Duvaucel, guillotinado no ano I. Os seus catro fillos morreron antes do que el, e a súa morte causoulle moita dor. Foi admitido como membro estranxeiro da Royal Society o 17 de abril de 1806.

Unha sucesión de honores conducírono á Académie française en 1818, a ser par de Francia en 1831, pasando polo Consello de Estado e á chancelaría da Instrución pública, por non falar das distincións académicas que lle chegaron do mundo enteiro.

Foi inspector de estudos, co-conselleiro e chanceler da Universidade (1808), e desempeñou varias veces as funcións de gran mestre, aproveitando esta posición para favorecer o ensino da historia natural e das ciencias en xeral. Nomeado en 1814 conselleiro de Estado, e despois presidente do comité do interior, destaca nesta nova actividade por unha alta capacidade, pero amosándose demasiado compracente cara ao poder e consente en encargarse de soster na tribuna medidas impopulares.

Criticado por ambicioso, fixo numerosos adversarios porque non vacilou en atacar as teses de grandes sabios (como Buffon ou Étienne Geoffroy Saint-Hilaire); pero tampouco vacilou en axudar financeiramente a colegas necesitados.

Na Segunda Restauración, Georges Cuvier reibiu o título hereditario de barón por patente do rei Carlos X expedida o 29 de decembro de 1829.Gustave Chaix d'Est-Ange (1863-1923), Dictionnaire des familles françaises anciennes ou notables à la fin du XIXe siècle, Tome Treizième, Imprimerie Charles Hérissey, Evreux, 1914, p.31.

Obra Anatomía comparada: a clasificación dos animais miniatura|250px|dereita|Retrato de Cuvier por Mathieu-Ignace Van Brée

Cuvier é un dos fundadores da anatomía comparada moderna. Partindo da súa concepción funcional do organismo, Cuvier investigou a permanencia das grandes funcións fisiolóxicas na diversidade das especies, e enunciou o principio de subordinación dos órganos e a lei de correlación das formas. Así, —sinalaba Cuvier— a predación implica un certo tipo de dentición, un tubo dixestivo capaz de asimilar a carne e membros que permitan unha locomoción adaptada a esa dieta.

Cuvier foi o primeiro naturalista en clasificar o reino animal desde o punto de vista estrutural ou morfolóxico que, non obstante, estaba completamente subordinado á función. A súa obra máis importante foi Regne animal distribué d'après son organisation ("Reino animal distribuído a partir da súa organización") que apareceu en catro volumes na súa primeira edición en 1817 e en cinco a partir da segunda edición (1829-1830).

Cuvier defendeu o principio segundo o cal, tendo en conta os datos proporcionados pola anatomía comparada, os animais debían ser agrupados en catro plans estruturais de organización (embranchements): vertebrados, moluscos, articulados e radiados. Cada un destes grupos definíase por unha disposición particular dos sistemas esenciais entre os cales se encontraban, fundamentalmente, os núcleos vitais, a saber, o cerebro e o aparello circulatorio. O sistema nervioso, o aparello respiratorio e o resto dos órganos pode variar dentro de cada plan corporal, indicando sucesivamente a orde, a familia, o xénero e, en fin, a especie.

Xeoloxía e paleontoloxía. O catastrofismo Cuvier xogou un papel crucial no desenvolvemento da paleontoloxía, considerándose o pai desta especialidade. Grazas ao seu principio de correlación puido crear, por así dicilo, un mundo novo, establecendo, por numerosas observacións, que deberon existir na superficie do globo animais e vexetais que xa desapareceron, pero que se poden reconstruír aínda que só queden apenas algúns restos, e clasificalos metodicamente. miniatura|240px|esquerda|Comparación anatómica dunha mandíbula de elefante indio e dunha mandíbula dun elefante fósil, por Cuvier, en 1796

En fin, deulle á xeoloxía novas bases, proporcionando os medios para determinar a antigüidade dos estratos terrestres pola natureza dos restos que gardan. Foi el quen bautizou o período xurásico da era secundaria (ou mesozoico) en referencia aos estratos sedimentarios no macizo do Jura, que coñecía ben.Nathalie Richard, Inventer la préhistoire. Les Débuts de l'archéologie en France, Vuibert, 2008

Por outra parte era seguidor do actualismo ou uniformitarismo (termo empregado por William Whewell en 1832: "Os choques actuais son os mesmos que os do pasado"), e está de acordo coas ideas fixistas (que se referían sobre todo á creación divina) e catastrofistas. Por tanto, opoñíase radicalmente ao gradualismo, porque estes plans eran considerados irredutíbeis entre si. Tanto o seu funcionalismo como a súa defensa desta irredutibilidade conducírono á súa célebre polémica con Geoffroy Saint-Hilaire. miniatura|240px|dereita|Estatua de Georges Cuvier en Montbéliard

Partindo das súas observacións paleontolóxicas, Cuvier elaborou unha historia da Terra fundamentada no fixismo e o catastrofismo. Así, concibiu a historia xeolóxica como unha historia puntuada por revolucións ou catástrofes. En tales períodos produciríase a extinción das especies até entón existentes e a súa substitución por outras.

Non fala de extincións en masa, pero si de extincións maiores (que el chama "revolucións do globo"). Estas extincións produciríanse por catástrofes do tipo de inundacións ou sismos, e despois a Terra sería axiña repoboada por unha nova creación ou por migracións de novas especies que procederían doutras rexións do planeta nas que se salvaran da catástrofe. Así explicaba Cuvier os baleiros estratigráficos do rexistro fósil, que non parecían permitir a inferencia dunha continuidade das formas orgánicas.

Por prudencia de cara ás autoridades relixiosas, excluía o home desta historia xeolóxica.17px : Georges Cuvier: retrato dun sabio controvetido emisión "A marcha das ciencias en France Culture, 18 de novembro de 2010

Desde a perspectiva do catastrofismo, a idade da Terra non necesitaba ser excesivamente prolongada. De aí que Cuvier avogase por só 6.000 anos de antigüidade, o que o enfrontou a Charles Lyell, cuxo gradualismo requiría millóns de anos.

Oposición ao transformismo miniatura|300px|dereita|A fonte Cuvier, que conmemora a Georges Cuvier ao lado do Jardin des Plantes de París

Esta defensa da constancia das especies -fixismo- fixo que se opuxera violentamente ao gradualismo, e o enfrontara á corrente transformista iniciada por Buffon e desenvolvida amplamente por Lamarck.Corsi, 2001, pp. 201-205. Xefe de filas da corrente oposta ao transformismo, utilizou todos os poderes que lle daban a súa posición de profesor do Museo de Historia Natural e de secretario perpetuo da Academia de Ciencias para dificultar a difusión das ideas transformistas. Bloqueou o acceso dos seus partidarios á promoción académica, prohibiu o seu acceso ás coleccións do Museo e ás páxinas das revistas científicas nas que tiña o control.Corsi, 2001, p. 304.

Estas medidas non foron suficientes para desanimar os naturalistas opostos a Cuvier. Os afeccionados -é dicir, os non recoñecidos por unha institución oficial- proseguían con éxito os seus traballos, arrequecían as súas coleccións e publicaban as súas obras. Tiñan as súas propias revistas que, fóra do círculo parisiense, eran ben coñecidas. O ensañamento de Cuvier contra as teorías transformistas está tamén testificado pola tentativa de dificultar a publicación dos Annales des sciences de l'observation. François-Vincent Raspail, testemuña dos métodos empregados nesta ocasión, dixo:

Á morte de Lamarck, Cuvier compuxo un "eloxio fúnebre" onde non se privou de ridiculizar e deformar as ideas transformistas de Lamarck. Este eloxio, cualificado de "malleira académica", non se leu na Academia de Ciencias até o 26 de novembro de 1832. Foi traducido para o inglés e constitúe moi probabelmente a orixe da idea errónea segundo a cal Lamarck atribuía a transformación dos animais á súa "vontade" e aos seus "desexos".