Jagged Little Pill é o terceiro álbum da vocalista canadense Alanis Morissette, editado o 13 de xuño de 1995. O álbum marcou un cambio no estilo e no xénero para Morissette, que tiña un son máis dance pop nos seus anteriores traballos. Este traballo foi o álbum que deu a coñecer Morissette en todo o mundo, e contén os exitosos sinxelos "You Oughta Know", "Ironic", "You Learn", "Hand in My Pocket", "Head over Feet" e "All I Really Want".

O álbum estivo 12 semanas (non consecutivas) no número 1 da lista estadounidense Billboard 200. No ano 2009 levaba vendidas ao redor de 33 millóns de copias en todo o mundo.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Alanis Morissette Categoría:Álbums musicais de 1995 Categoría:Álbums de Maverick Records