O castro de Leiro é un castro situado no lugar de Loureiro na parroquia de Leiro, no concello coruñés de Abegondo.

Morfoloxía Consta dun único recinto fortificado de forma ovalada. Está defendido por un parapeto de entre 3 e 4 metros de altura en entre 7 e 20 de anchura. No arco O-N-L o parapeto está reforzado cun foxo, que acada os 15 metros de ancho, e un segundo parapeto duns 3 metros de altura e 13 de anchura. Hai indicios de que na parte oeste houbo un segundo foxo

O recinto ten 108 metros de diámetro no eixo NO-SE e 88 no eixo NE-SO.

O sector norte, a parte traseira, está desaparecida, co foxo cunha estrada por riba. No sector leste está tamén afectado. Inda así os resto dos sectores do castro consérvanse axeitadamente.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Leiro Categoría:Abegondo sen imaxes Categoría:Castros de Galicia sen imaxes