Tim Wessel Vanhamel, nado o 11 de decembro de 1977 en Zonhoven, Bélxica, é un músico belga que foi membro de varias bandas entre as que destacan Evil Superstars, dEUS e Eagles of Death Metal. Tamén é líder do seu propio grupo Millionaire.
Traxectoria Vanhamel tocou na súa primeira banda, Sister Poopoo, cando tiña 13 anos. En 1995, aos 17, Vanhamel uniuse como guitarrista a Evil Superstars, grupo no que tocou ata a súa disolución en 1998. Posteriormente tocou en dEUS durante un curto período de tempo, na súa xira de The Ideal Crash en 1999. No ano 2000, Vanhamel comezou a gravar a estrea da súa propia banda, Millionaire. Máis tarde tocou como convidado no álbum de estrea de Eagles of Death Metal Peace, Love, Death Metal, e tamén xiraría con eles nos seus inicios.
Categoría:Guitarristas de Bélxica Categoría:Cantantes de Bélxica Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados na provincia de Limburgo