O castro de Mabegondo, ou castro ou de Santiso, é un castro situado na parroquia de Mabegondo, no lugar do Castro, no concello coruñés de Abegondo.
Morfoloxía Consta dun dobre recinto fortificado. O interior ten planta oval, cunhas dimensións de 195 metros de diámetro no eixo NL-SO e 65 no eixo NO-SL. Está defendido por muros e terrapléns, máis amplos na parte SO. Un segundo recinto rodea completamente ó primeiro. Consiste nun parapeto construído a base de terra e con reforzos de cachote
Conservación O recinto central foi parcialmente destruído por obras recentes. O segundo está afectado por movementos de terras e a parte do parapeto polo leste foi destruída.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Ligazóns externas Catálogo de elementos a protexer ou a recuperar. Revisión do PXOM de Abegondo. Outubro 2010
Mabegondo Categoría:Abegondo sen imaxes Categoría:Castros de Galicia sen imaxes