The Bedlam in Goliath é o cuarto álbum da banda estadounidense de rock progresivo The Mars Volta, editado o 29 de xaneiro do 2008. O disco estreouse no número 3 da Billboard 200, converténdose no lanzamento do disco en chegar máis alto nas listas despois de vender ao redor das 54.000 copias na súa primeira semana.

Producido polo guitarrista Omar Rodríguez-López, o proceso creativo do álbum foi obxecto da "mala sorte" despois dunha estraña experiencia da banda cunha ouija que Rodríguez-López mercara en Xerusalén como regalo para Cedric Bixler-Zavala.

Listaxe de cancións "Aberinkula" - 5:45 "Metatron" - 8:12 "Ilyena" - 5:36 "Wax Simulacra" - 2:39 "Goliath" - 7:15 "Tourniquet Man" - 2:38 "Cavalettas" - 9:32 "Agadez" - 6:44 "Askepios" - 5:11 "Ouroborous" - 6:36 "Soothsayer" - 9:08 "Conjugal Burns" - 6:36

Categoría:Álbums de The Mars Volta Categoría:Álbums musicais de 2008 Categoría:Álbums producidos por Omar Rodríguez-López