O carballo ananoNome galego da especie en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 ou caxigo (Quercus lusitanica Lam. ou Quercus faginea) é un arbusto da familia das Fagáceas que raramente acada os 2 metros. En moitas ocasións vai ligado á sobreira (Quercus suber). A súa floración prodúcese entre abril e maio.

Morfoloxía A súa cortiza é gris. As follas miden de 3 a 5 cm, son coriáceas (esclerosadas), con limbo obovado-oblongo e marxe enteiro. Ten de 4 a 6 pares de lóbulos ou dentes dirixidos cara ó ápice. As follas adultas só teñen pelaxe polo envés. O pecíolo das follas vai de 2 a 3 milímetros. As landras miden entre 1 e 2 centímetros e poden ir sentadas ou ter un pequeno pedúnculo de até centímetro e medio.

Situación

No monte Pindo atópase a única poboación galega coñecida desta especie autóctona do Mediterráneo suroccidental (España, Portugal e Marrocos). A poboación galega deste tipo de carballo arbustivo é o límite da especie polo norte. Os lumes que arrasaron o monte Pindo en setembro de 2013 fan difícil a sobrevivencia desta comunidade.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Ligazóns externas Quercus lustanica na base de datos da NPGS/GRIN. Información sobre o bugallo do carballo anano.

Categoría:Quercus Categoría:Arbustos Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Arbustos de Galicia Categoría:Especies ameazadas Categoría:Plantas descritas en 1785