O coro pétreo do mestre Mateu foi unha estrutura interna da catedral de Santiago de Compostela, tallada totalmente en pedra polo taller de Mateu, construído cara ao ano 1200, que ocupaba os primeiros catro tramos da nave maior. Foi desmontado entre 1603 e 1604 por orde do arcebispo Sanclemente para ser substituído por outro de madeira que encargou a Xoán Davila e Gregorio Español e que foi desmontado á súa vez en 1945.
O coro tiña unha estrutura rectangular, en U aberta cara ao altar maior, e ocupaba os catro primeiros tramos da nave maior a partir do cruceiro. Nos tres primeiros tramos distribuíanse as cadeiras dos cóengos, mentres que o cuarto tramo estaba ocupado por unha tribuna e o leedoiro sobre ela. As pezas do coro derruído foron aproveitadas noutras obras que se realizaron na catedral e nas inmediacións. O uso que se lle deu dependeu da calidade e aprecio que lles merecese cada peza: as esculturas de apóstolos e profetas foron reempregadas para a construción da Porta Santa ou como ornato de capelas e outras estancias da catedral, pero tamén noutros puntos máis afastados.
Tras varias reconstrucións limitadas a unha pequena mostra (o debuxo dunha cadeira en 1953 e a reconstrución doutra en 1961, dúas en 1971 e tres en 1985) os profesores Yzquierdo Perrín e Otero Túñez conseguiron montar en 1999 unha reconstrución virtual da estrutura completa e outra física, formada por 17 cadeiras, que se expón no Museo da Catedral.
Construción Está fóra de dúbida que a construción do coro foi obra do taller do mestre Mateu, realizado na última campaña da construción da catedral e posterior ó Pórtico da Gloria, probablemente cara a 1200. Xa existía un coro que mandara levantar o bispo Xelmírez sobre a que sería a basílica prerrománica de Afonso III, do que só se coñece a súa existencia pero non as súas características. O Códice Calixtino nin o menciona, e a Historia Compostelá (1100-1139) só di del que era bastante capaz e magnificamente condecorado coa dignidade dun óptimo clero. Esta basílica prerrománica —e, por conseguinte, o coro de Xelmírez— foron derrubados ó rematar as obras da catedral.
Cando se consagrou a catedral, o 21 de abril de 1211, o coro tiña que estar xa rematado e, con seguridade, inaugurouse en tan solemne ocasión.
A técnica construtiva, o estilo das esculturas, a composición, coinciden co traballo do Pórtico e, como neste, apréciase a man de, polo menos, catro artistas distintos baixo a dirección de Mateu. A este atribúense, como mínimo, cinco das esculturas que coroaban a fachada exterior: Xeremías, Abdías, Miqueas, Nahum e Axeo.
O coro constituía unha compacta e amurallada Civitas Dei, un templo dentro do templo (en palabras de Santo Agostiño), cunha complexa e elaborada mensaxe teolóxica (como a que tamén tiña o Pórtico da Gloria).
Destrución 300px|miniatura|Porta Santa, con 24 figuras procedentes do antigo coro. Xa en 1519, o arcebispo de Compostela Alonso III de Fonseca ditou unhas Capitulacións que regulaban os oficios relixiosos e normas de protocolo a seguir polos cóengos da catedral, entre as que se cita a prohibición de se mover dun coro a outro ou de baixar do coro superior ó inferior. Quizais isto teña orixe no acordo do cabido catedralicio de 7 de xuño de 1522 de nomear unha comisión para que
En calquera caso, o coro non foi alterado. Segundo Manuel Chamoso Lamas, o resultado desta comisión foi só a ampliación do coro con varias cadeiras de madeira: un contrato do 18 de xuño de 1536 entre a abadesa do convento de Santa Clara e o escultor flamengo Cornielles de Holanda testemuña a construción de "veinte y quatro sillas de madera muy bien hechas, del talle y manera y del tamaño de las sillas que están en el coro de la Santa Iglesia de Santiago".
Quizais a primeira actuación sobre o coro pétreo (primera mutilación segundo Yzquierdo Perrín) fose cara a 1545, cando se encarga a dous cóengos "que entienden en ... mudar e retraer la rexa del coro y retraer el dicho coro", medida que afectou a primeira cadeira de cada lado do coro.
Pero a destrución do coro non chegaría ata que foi nomeado arcebispo Juan de Sanclemente quen, segundo Antonio López Ferreiro, "tenía gran empeño en que se cerrase la puerta trasera del coro para poner en su lugar la silla pontifical". Daquela, a cadeira do arcebispo estaba situada no comezo do lado norte do coro (coro do chantre; o lado sur era o coro do deánSegundo o Dicionario da Real Academia Galega, o deán é o «Cóengo que preside o cabido nas catedrais» e o chantre un «Eclesiástico que antigamente dirixía o canto no coro das colexiatas e catedrais».), e semella que consideraba pouco digna a situación lateral do seu sitial, o que explica a súa teima por pechar a porta do coro e colocar alí, centrada, a súa cadeira. Ademais, era evidente que soñaba cun coro renacentista.
En 1594 acordouse alargar o coro na parte posterior con máis cadeiras, que foron encargadas a Gregorio Español e Diego SolísParece ser que o cabido lles encargara dúas cadeiras a modo de mostra, que presentaron en maio de 1596, pero que Sanclemente, pola súa conta, encargara máis, sendo necesario que o cabido apercibise ós escultores en agosto dese mesmo ano para que suspendesen a súa construción.. Non se sabe realmente cantas cadeiras fixeron nin sequera se chegaron a colocarse, aínda que existen indicios de que así foi, e que iso trouxo consigo o derrubamento do leedoiro e do lado transversal do coro para colocar as novas cadeiras na parte posterior da fachada do trascoro.
Aínda así, esta convivencia das cadeiras de madeira co coro pétreo só foi unha situación provisional. O 20 de xullo de 1599, o arcebispo Sanclemente consegue por fin que o capítulo acordase
Un contemporáneo da destrución do coro, o historiador Mauro Castellá Ferrer (Historia del apóstol Santiago), escribiu en 1605 o seguinte:
A destrución do coro do mestre Mateu comezou no último trimestre de 1603 e rematou nos primeiros días de xaneiro de 1604Un acordo do cabido datado o 28 de xaneiro de 1604 urxe o comezo das obras para instalar o novo coro: "que se empiece a sentar la piedra del trascoro, y que esto se haga pronto, y se acabe y asiente el coro para que el señor Arzobispo y Cabildo no estén fuera de él"., da man do entón mestre de obras da catedral Ginés Martínez. Daquela, Sanclemente xa morrera (abril de 1602) e fora substituído polo arcebispo Maximiliano de Austria, quen trouxo consigo ó arquitecto Ginés Martínez e nomeouno mestre de obras en 1603.
Dispersión Como resultaba habitual na práctica arquitectónica daquela época, e posteriores, as pezas do coro derruído foron aproveitadas noutras obras que se realizaron na catedral e nas inmediacións. O uso que se lle deu dependeu da calidade e aprecio que lles merecese cada peza: as esculturas de apóstolos e profetas foron reempregadas para a construción da Porta Santa ou como ornato de capelas e outras estancias da catedral, pero tamén noutros puntos máis afastados. Este aproveitamento permitiu que hoxe se lograse recuperar 36 das 38 figuras que coroaban a fachada exterior do coro.
As 24 estatuas da fachada exterior da Porta Santa foron colocadas no século XVII. Entre 1611 e 1616 colocáronse as primeiras doce, segundo se pode ver nos debuxos que José Vega y Verdugo inseriu na súa Memoria sobre as obras na catedral de Santiago (1657) para argumentar a necesidade da reforma da fachada da catedral cara á praza da Quintana. A partir de 1658, o arquitecto José Peña de Toro comezou as obras desta fachada e completou a Porta Santa con outras 12 estatuas e os catro plafóns da parte superiorXosé Carro supuxo erroneamente que algunhas figuras foran esculpidas neste século XVII e outras substancialmente retalladas.. Por máis que fose impensable a súa utilización nunha futura reconstrución do coro, o seu estudo permitiu saber máis da disposición iconográfica que tivo que ter o coro no seu lugar orixinal.
Yzquierdo Perrín e Otero Túñez inventariaron en 1990 as seguintes figuras do coro, dispersas en diferentes localizacións: 24 profetas e apóstolos na Porta Santa, máis 4 plafóns na mesma Porta. 2 figuras máis (o profeta Ezequiel e o apóstolo Xudas Tadeu) no deambulatorio da catedral, a ámbolos lados da cara interna da Porta SantaEstas estatuas foron pintadas e repintadas numerosas veces, e modificado o texto das cartelas pero, por outra banda, o mantemento baixo teito garantiu a súa conservación.. 2 figuras na fonte de San Pedro de Vilanova, Vedra. 2 figuras no Museo Arqueolóxico Nacional, que foran adquiridas en 1950 unha, e 1961 outra, a senllos propietarios particulares e que procedían dun veciño da rúa da Acibechería, a primeira, e dun pazo da Comarca da Ulloa, a segunda. 3 figuras na buchería da catedralCoñécese como buchería un conxunto de espazos situados baixo o claustro da catedral, utilizados historicamente como almacéns de pezas arquitectónicas e diversas esculturas. Nesta buchería Yzquierdo Perrín e Otero Túñez atoparon distintas pezas (arcos, fragmentos de columnas, capiteis etc.) non identificadas e que correspondían ó coro do mestre Mateu. Unha das figuras, decapitada, estaba reempregada para a cimentación dun dos muros destas estancias; como curiosidade, esta escultura tallouse sobre outra rexeitada anteriormente, quizais das esculpidas para o Pórtico da Gloria: nas costas desta figura pode verse un león, incompleto, parecido ós animais das basas das columnas do Pórtico. Outra estivo no Pazo de Xelmírez ata 1985 e desde entón exponse no Museo da Catedral.. Unha destas estatuas foi utilizada para a reconstrución do coro no Museo. 2 figuras expostas no Museo da catedral (procedentes da colección Blanco-Cicerón e cedidas ó Museo en 1985). Identificación dos santos da Porta Santa miniatura|300px1. rei Salomón; 2. Moisés; 3. profeta Daniel; 4. profeta Isaías; 5. Aarón; 6. profeta Nahum; 7. S. Lucas evanxelista; 8. profeta Axeo; 9. rei Saúl; 10. profeta Zacarías; 11. S. André apóstolo; 12. Simón apóstolo.miniatura|300px1. profeta Miqueas; 2. profeta Oseas; 3. Samuel; 4. San Filipe apóstolo; 5. profeta Abdías; 6. San Tomé apóstolo; 7. profeta Malaquías; 8. S. Marcos evanxelista; 9. profeta Xeremías; 10. Santiago o Maior; 11. profeta Habacuc; 12. profeta Xonás. Outras pezas foron reempregadas noutras obras na catedral (muros, pavimentacións), pero o resto dos elementos sufriu peor sorte: coas pezas que retirou ó desmontar o coro, Ginés Martínez fixo a base do coro de madeira que o substituiría (rematado en 1606) e, dous anos despois, aproveitou outras para reencher as escalinatas de acceso á fachada do Obradoiro, que construiría tamén el en 1606.
Nas sucesivas escavacións realizadas durante os séculos XIX e XX en diferentes localizacións do complexo da catedral foron aparecendo moitos dos elementos construtivos. Estas escavacións realizáronse en distintas campañas e por distintos autores no subsolo da nave maior, no pavimento da cripta do Pórtico da Gloria, na nave oriental do claustro ou no acceso á galería sur do claustroYzquierdo e Túñez recoñeceron como parte do coro algunhas vigas que en 1985 descubriron encastadas no muro das escaleiras de acceso a esta parte do claustro. En 1989 desmontouse este muro e as vigas foron recuperadas para o museo da Catedral., ademais das xa citadas nas escaleiras do Obradoiro. Aínda hoxe pode verse no piar noroeste do cruceiro, un bloque tallado encastado no piar a uns 2 metros de altura, que probablemente proceda dun esquinal do cadeirado baixo e que se colocaría alí para restaurar algún dano ocasionado nas columnas ó desmontar o coro
Algunhas apareceron en lugares tan insólitos como as estruturas de peche dalgunhas tendas situadas na praza de Praterías, ou dúas ménsulas que hoxe sosteñen a trabe dunha casa particular na rúa compostelá da Fonte de Santo Antonio.
Como xa se dixo, a dispersión dos distintos elementos do coro tamén levou algunhas pezas fóra de Santiago, como o caso da fonte de San Pedro de Vilanova (Vedra, A Coruña).