Xurxo Lorenzo Fernández,Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. nado en Ourense o 11 de febreiro de 1910 e morto en Zaragoza o 2 de abril de 1934Na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada dáse o 3 de abril como data da morte., foi un investigador e debuxante, irmán do coñecido etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas, tres anos maior ca el.

Traxectoria A causa da morte do pai, o escritor e caricaturista José Laurentino Lorenzo Álvarez (Tabarra), a finais de 1923, a nai, Joaquina Fernández Barcia, ten que marchar a Arxentina e os irmáns sepáranse para ir vivir Xurxo a Vigo, co avó materno, e Xaquín a Lobeira (Ourense). Xurxo pronto manifesta a súa habilidade no debuxo, así como para tocar diferentes instrumentos musicais.

Aínda que comeza a estudar Arquitectura en Madrid, abandonou a carreira e matriculouse en 1931, co seu irmán, en Santiago de Compostela, para estudar Filosofía e Letras. Os dous irmáns involúcranse no movemento galeguista, no que xa participaran en Ourense, e colaboran co Seminario de Estudos Galegos, no que é nomeado Segredario de Actas en 1932. Estas actividades rematan provocando algúns enfrontamentos cos seus profesores, polo que se ven obrigados a pedi-lo traslado a Zaragoza en 1933, onde Xurxo morre ó pouco de chegar, a consecuencia dunha septicemia.

A pesar do prematuro da súa morte, escribiu diversos traballos en distintas materias vinculadas con Galicia, como arte, historia, arqueoloxía, etnografía ou epigrafía, que publicou en Nós, no Arquivos do Seminario de Estudos Galegos e outras revistas, só ou en colaboración co seu irmán, con Florentino López Cuevillas, Fermín Bouza-Brey e outros.

Exemplos destes traballos son as seguintes publicacións: miniatura|Xaquín e Xurxo Lorenzo con súa nai Joaquina Fernández Barcia, c. 1930. "Un casamento na Lobeira" (Nós 58, 15 de outubro de 1928, 186-188) "A cristianización do castro de Monterrei" (Nós 94, 15 de outubro de 1931, 188-191) "Notas do meu diario arqueolóxico" (Nós nº 124-125, abril-maio 1934, 74-88) "Tres estacións de arte rupestre da Serra do Leboreiro", con Luciano Fariña (Nós 115, 25 de xullo de 1933, 124-132) "Blasós de Ourense" (Arquivos do Seminario de Estudos Galegos", vol. V, 1930, 155-169; vol. VI, 1932, 259-276) "Catálogo dos castros galegos. Terra de Lobeira", co seu irmán Xaquín e Cuevillas (Nós 116, 15.08.1933, 174-182; 117, 15.09.1933, 189-200; 118, 15.10.1933, 211-224) miniatura|250px|Sepultura no cemiterio de S. Francisco. Como debuxante, ilustrou O señor feudal, de Vicente Risco e é súa a portada de Autonomía, de Ramón Villar Ponte. Un dos seus debuxos máis reproducidos é o Xogador de porca.

Ramón Otero Pedrayo dixo del, no Libro dos Amigos, que "de ter vivido máis anos sería o mestre e o poeta da súa xeración, cumpridor do voto e arelanza de Vicetto e de Pondal".

En novembro de 2010, o Museo do Pobo Galego presentou unha exposición Debuxos de Lobeira. Plumillas de Xurxo Lorenzo e fotografías de Mark Ritchie.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

, Vicente: "Xurxo Lourenzo Fernández 1910-1934", en Nós nº 124-125, abril-maio 1934, px. 63-73.

Outros artigos Tabarra Ultreya Universitarios. Revista de la F.U.E. Ligazóns externas "O Museo do Pobo mostra os debuxos de Xurxo Lorenzo " Galicia Hoxe'', 15/11/2010. Xurxo Lorenzo en Celanova cadernoarraiano.blogspot.com 29/3/2007.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1934