miniatura|Estatua de Sansón derrubando as columnas do templo (en Ashdod, Israel).

Sansón foi un persoeiro do Antigo Testamento, de forza extraordinaria, que simboliza a loita dos israelitas contra os filisteos. A lenda de Sansón está recollida no Libro dos Xuíces (13-16). Represéntase con longa cabeleira ou con dúas columnas crebadas.

O seu nome procede do hebreo shamash, sol, co significado de fillo do sol.

Feitos de Sansón A tradición di que a forza de Sansón residía no seu longo cabelo, e nesta característica baséanse os feitos que se contan del, como o de que venceu a todo un exército de filisteos armado só coa queixada dun burro, ou o de que matou un león coas mans, desartellándolle as mandíbulas. Este segundo feito relaciona as figuras de Sansón e de Hércules: tamén este deu morte a un león esganándoo coas mans.No primeiro dos seus doce traballos, Heracles debe matar só coas mans, sen arma ningunha, ó León de Nemea.

O caso foi que Sansón atopou no lugar de Tímnah unha muller filistea e gustoulle. Convenceu ós país para que arranxasen o casamento, aínda que estes preferían unha muller da aldea e non filistea. Cando foi a Tímnah para coñecer á moza, saiulle ó paso un león e Sansón esgazouno coas mans, mantendo o feito en segredo. Co tempo, observou que no corpo do león se formara un enxamio de abellas e comeu do seu mel.

Na festa que organizaron os veciños da noiva Sansón fixo unha aposta con eles: se acertaban unha adiviña daríalles 30 pezas de liño e trinta vestidos, pero se non daban coa resposta serían eles quen lle deran as trinta pezas e os trinta vestidos. A adiviña facía referencia ó caso do león que matara: "Do que come saíu o que se come, e do forte saíu a dozura". Os filisteos non atopaban a solución e convenceron á moza para que lle sacara a resposta, o que conseguiu sen problema. Así foi como os filisteos gañaron a aposta, pero Sansón, ó comprobar que fora enganado por ela, rexeitou casar e a moza foi entregada a un amigo..

Casou con Dalila, tamén de orixe filistea, que lle descobre o segredo da súa forza, o que significou a súa perda: Dalila, aproveitando que durmía, cortoulle o pelo e entregouno ós filisteos. Capturado e vencido o seu principal inimigo, os filisteos celebraron unha festa no templo, con Sansón encadeado ás columnas que o sostiñan tras sacarlle os ollos. No último momento, Sansón derrubou as columnas e con elas caeu o templo, matando os filisteos todos que nel estaban, o que representou a súa última vitoria e que se lle considere suicida.Xuíces 16.

Iconografía Na imaxinería relixiosa (pintura e escultura) represéntase nos momentos citados: matando os filisteos coa queixada dun burro, xunto a Dalila, que lle corta o pelo, derrubando as columnas ou, sobre todo, loitando co león.

Sansón e o león A imaxe de Sansón no momento en que mata o león é a máis común. Neste caso interprétase como unha prefiguración de Cristo ou do soldado de Cristo (miles Christi), que vence ó león, que simboliza o mal, o pecado.Esta loita do home contra o león lembra, ademais do citado mito de Heracles, o dominio de Gilgamesh sobre os leóns. Sansón adoita aparecer nu e os seus atributos serían o cabelo longo -símbolo da súa fortaleza-e o león.

Na escultura románica, a escena de Sansón e o león quedou reflectida nos tímpanos de, polo menos, sete igrexas galegas: Igrexa de San Martiño de Moldes (Melide) Igrexa de San Xoán de Palmou (Lalín) Hoxe no Museo de Pontevedra. Igrexa de Santiago de Taboada (Silleda) Igrexa de San Miguel de Oleiros (Silleda) Igrexa de Santa Baia de Beiro (Ourense) Actualmente nunha casa particular de Turei, lugar da mesma parroquia. Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires (Taboada) Igrexa de Pazos de San Clodio (San Cibrao das Viñas)

Só un, o de Taboada dos Freires, está datado, nunha inscrición que rodea a imaxe e remata na cara inferior da pedra, na que se especifica o nome do escultor, un tal Pelagius, e a data de 1228 (1190 na nosa cronoloxía). Xosé Ramón Fernández-Oxea, que estudou seis destes sete tímpanos Non tiña información do de San Miguel de Oleiros, dado a coñecer en 1971., supón que o de Palmou é inmediatamente anterior a 1170 (e considérao o primeiro da serie de tímpanos de Sansón), mentres que Yzquierdo Perrín dátao entre 1150 e 1160. O máis moderno de todos eles, o de Beiro, pode datarse ó redor de 1200.

Igualmente, Fernández-Oxea supón que o autor do tímpano de Palmou sería un artista da escola do Mestre das Praterías.

A mesma imaxe aparece profusamente en tímpanos, canzorros, relevos ou capiteis en diferentes lugares do resto de España, así como en Francia e Italia.Por exemplo, nun capitel da cabeceira da Catedral de Ourense ou nun canzorro da igrexa de San Salvador de Asma, en Chantada (Lugo). Lémbrese, finalmente, a imaxe do personaxe barbado que afoga a dous leóns na base do parteluz do Pórtico da Gloria, a quen se identifica con Sansón.

Hai autores, como Hipólito de Sa,Rutas del románico en la provincia de Pontevedra, 1978, 617-619; na descrición da igrexa de Santiago de Taboada (Silleda). que discuten a interpretación dalgúns destes tímpanos e ven a imaxe de Santiago Apóstolo a cabalo en lugar de Sansón e un león. De feito, nalgún caso a imaxe do animal lembra máis un cabalo que un león.

En 2024, o investigador moañés Antonio Costa deu unha nova interpretación da figura que se representa no tímpano de Palmou. Baseándose nunha fotogrametría, propón que no peito do león aparece gravado un año, polo que identifica o personaxe como ó rei David"Antonio Costa redefine o tímpano de Palmou identificando no seu relevo a figura de David", en Diario de Pontevedra, 9.08.2023.:

O tímpano de Palmou O caso do tímpano de San Xoán de Palmou é particular. Fernández-Oxea publicou en 1936 a primeira referencia documental. Supón que procede da antiga igrexa de San Martiño de Palmou (o que significa que xa daquela estaba descontextualizadoCircunstancia que tamén se dá no caso dos tímpanos de Beiro, na parede dunha vivenda particular; e de Oleiros, nunha igrexa que non conserva ningún outro resto románico., e deu con el na solaina dunha casa particular. Documentou o achado cunha fotografía e un debuxo pero nunha segunda visita nos anos 60 xa non o atopa. Non obstante, autores como Hipólito de Sa desconfiaron da súa existencia, asegurando que intentou localizalo pero foille imposible conseguir a menor información sobre o mesmo. Por este motivo, deuse por desaparecido:

Pero no mesmo ano en que Bango Torviso publicaba o seu libro, en 1979 apareceu anunciado nunha revista italiana de poxas de obras de arte, aínda que identificado como de orixe francesa do século XI. O elevado prezo da peza fixo imposible a súa compra naquel momento. Trala publicación dun artigo no Atlántico Diario en 2003, a peza foi finalmente adquirida no 2005 polo Museo de Pontevedra, pasando a formar parte da súa colección, se ben non se expón desde o 2015.Diario de Pontevedra, 9.08.2023.

En 2015 a Escola de Canteiros de Poio realizou unha réplica do tímpano, que a Deputación de Pontevedra entregou ó concello de Lalín para ser colocada na Casa Consistorial."Un recuerdo al tímpano de Palmou. Una réplica realizada por la Escola de Canteiros del emblemático tímpano románico que se conserva en el Museo viaja a Lalín para ser colocada en la Casa Consistorial" (Faro de Vigo, 2.06.2015).

Notas

Véxase tamén Bibliografía : "Algunas representaciones de prefiguraciones de Cristo en el arte medieval gallego (ss. XII-XIII)", en V Simposium Bíblico español. La Biblia en el arte y en la literatura, Universidad de Navarra 1999. (dir.) e outros: Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo, Vigo 1992. : Iconografía cristiana. Guía básica para estudiantes. Akal. Madrid 2003 (3ª ed), px. 47-48. : "Os sete tímpanos galegos coa loita de Sansón e o león. A propósito da posible recuperación dunha peza do noso patrimonio", en Anuario Brigantino nº 26, 2003, 321-338.

Ligazóns externas Enciclopedia Católica: Sansón Catálogo de imaxes de Sansón e o león

Categoría:Personaxes do Antigo Testamento