O castro dos Castros é un castro situado na parroquia de San Pedro de Viveiro, no concello lugués de Viveiro.

Morfoloxía Consta dun recinto fortificado situado nunha zona chá de aba de monte. O asentanmento é un pequeno recinto circular rodeado por unha muralla de pedra en todo o seu perímetro. Complétase o sistema defensivo cun foso que defende o recinto principal polo lado oeste. O resto do seu contorno atópase rodeado por unha pronunciada pendente.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo

Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Viveiro. Setembro do 2010.

Categoría:Castros de Viveiro