O castro de Lourido é un castro situado na parroquia de Chavín, no concello lugués de Viveiro.

Morfoloxía Consta dun recinto fortificado do cal se conserva só un reducido sector de muralla polo lado sueste. A muralla ten unha altura considerable e completa a estrutura defensiva un foxo paralelo á muralla. O sector noroeste do recinto deféndese de forma natural pola pendente sobre o río Landro.

O lugar atópase moi alterado a causa da súa utilización como canteira.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Viveiro. Setembro do 2010.

Lourido