Pablo Pérez Costanti Ballesteros, nado en Santiago de Compostela o 2 de decembro de 1857 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1938, foi un arquiveiro e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Pablo Pérez Ballesteros (irmán de Xosé Pérez Ballesteros) e María del Carmen Costanti, foi bautizado na Colexiata de Santa María a Real do Sar cos nomes de Pablo Antonio Pedro Crisólogo. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e algunhas materias de Farmacia.
Foi arquiveiro municipal de Santiago de Compostela dende 1885, en substitución de Bernardo Barreiro, e traballou nos arquivos da mitra, catedralicio e no de protocolos. Fundou o periódico El Organillo (1883) e colaborou no Boletín de la Real Academia Gallega, El Eco de Santiago, Galicia Diplomática, La Patria Gallega e Revista Gallega.
Participou na Liga Rexional Galega (1898) e foi o seu membro correspondente en Santiago de Compostela. En 1923 dirixiu a investigación documental para a sección de arte barroca do Seminario de Estudos Galegos. Pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e foi académico fundador da Real Academia Galega e correspondente da Real Academia de la Historia e Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
Obras Biografía del escultor Ferreyro, 1898. Historia del periodismo santiagués, 1905. Notas viejas galicianas, 1925-1927. Dicionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII, 1930.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1857 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Arquiveiros de Galicia Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público