Denomínase pornografía infantil toda representación de menores de idade de calquera sexo en condutas sexualmente explícitas. Pode tratarse de representacións visuais, descritivas (por exemplo en ficción) ou mesmo sonoras. O acceso a contidos pornográficos en xeral evolucionou segundo evolucionaron os distintos medios; literatura, fotografía, vídeo, cinema, DVD, debuxos de animación ou a propia Internet. Internet permitiu detectar e perseguir a produtores e distribuidores de contidos ilegais que durante décadas operaran impunemente, pero tamén facilitou enormemente o acceso a este tipo de pornografía.

O NCMEC (National Center for Missing & Exploited Children) estima que ao redor do 20% de toda a pornografía en Internet contén imaxes de nenos.

Véxase tamén

Ligazóns externas Pornografía infantil e Internet

Categoría:Pornografía Categoría:Infancia