Coñécense como senadores por designación real as 41 persoas da elite intelectual, militar e política de España que foron escollidas polo rei Xoán Carlos I como senadores en 1977.
Contexto O Senado de España fora abolido como cámara lexislativa en 1931, pero o proceso de Transición democrática en España xerara a expectativa dunha Cámara de representación territorial. Nas Eleccións lexislativas de 1977 escolléronse senadores, pero unha cantidade deles —equivalente aproximadamente á quinta parte— foron nomeados directamente polo daquela rei de España Xoán Carlos I.
A designación real só tivo efecto ata 1979, cando tiveron lugar as primeiras eleccións postconstitucionais.
Lista de senadores Fernando Abril Martorell Luis de Angulo Juan de Arespacochaga Justino de Azcárate Gloria Begué Jaime Carvajal y Urquijo Camilo José Cela Luis Díez-Alegría Alfonso Escámez Torcuato Fernández-Miranda Enrique Fuentes Quintana Marcial Gamboa Sánchez-Barcáiztegui Ignacio García López Domingo García-Sabell Antonio González González Julio Gutiérrez Rubio Antonio Hernández Gil Belén Landaburu Landelino Lavilla Guillermo Luca de Tena Julián Marías Rodolfo Martín Villa Luis Olarra Carlos Ollero Marcelino Oreja José Ortega Spottorno Alfonso Osorio Antonio Pedrol Rius Manuel de Prado y Colón de Carvajal Miguel Primo de Rivera y Urquijo Andrés Ribera Rovira Martí de Riquer Ángel Salas Larrázabal José Luis Sampedro Luis Sánchez Agesta Víctor de la Serna Maurici Serrahima Valentín Silva Josep María Socías Juan Ignacio de Uría Fermín Zelada de Andrés A maior parte destes senadores procedían das elites dominantes no réxime franquista, aínda que se observaba un interese por incluír persoas máis novas e renovadoras. Estes senadores agrupáronse inicialmente en dous grandes colectivos independentes: os senadores da Agrupación Independente, máis moderados, entre os que se atopaban os galegos Camilo José Cela e Domingo García Sabell, e os senadores Independentes, máis próximos ao réxime franquista, entre os que se atopaba o militar. Algúns máis incorporáronse ao grupo da Unión de Centro Democrático, e os restantes repartíronse entre o Grupo Mixto, coma o ferrolán Marcial Gamboa, e entre as minorías de parlamentarios cataláns e vascos.
Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición
Categoría:Senadores de España por designación real