O castro de Santa Lucía é un castro situado na parroquia de Castrelo de Miño, no concello ourensán de Castrelo de Miño.
Morfoloxía Consta dun recinto fortificado situado no lugar de Freás. Trátase dun castro romanizado. No cumio ten unha croa, que ten unhas dimensións de 75 metros no eixo nordeste-suroeste e 50 no eixo sueste-nordeste. Completando o conxunto hai unha plataforma de forma ovalada que mide uns 175 metros no seu eixo maior e uns 125 no menor.
Polos lados norte, noroeste e suroeste presenta unha pronunciada pendente. Polo lado sueste aprécianse os vestixios dun posible foso, sobre o cal se construíu hai pouco o camiño que leva ata o castro.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Ourense
Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Castrelo de Miño. Outubro do 2009.
Santa Lucía